La Pianiste
La Pianiste é un filme franco-austríaco do ano 2001 dirixido por Michael Haneke e protagonizado por Isabelle Huppert e Benoît Magimel. O guión, escrito polo propio Haneke, é unha adaptación da novela do mesmo nome de Elfriede Jelinek, gañadora do Premio Nobel de Literatura no ano 2004.
Foi estreada o 14 de maio de 2001 no Festival de Cine de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio do Xurado e a súa parella protagonista levou dous premios á mellor interpretación.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Erika Kohut é profesora de piano nun prestixioso conservatorio de Viena. Vive coa súa nai, unha muller dominante con quen mantén unha difícil relación de amor-odio. Baixo o seu aspecto serio e disciplinado oculta inesperados comportamentos sexuais de tendencia sadomasoquista. Despois de escoitala tocar nun concerto privado, o xove Walter Klemmer proponse conquistala.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Isabelle Huppert como Erika Kohut
- Annie Girardot como a nai de Erika
- Benoît Magimel como Walter Klemmer
- Susanne Lothar como a señora Schober
- Anna Sigalevitch como Anna Schober
- Udo Samel como Mr. Blonskij
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2001: Festival de Cine de Cannes: Gran Premio do Xurado, mellor actor (Benoît Magimel), mellor actriz (Isabelle Huppert); nomeado á Palma de Ouro.
- 2001: Premios do Cinema Europeo: mellor actriz (Isabelle Huppert); 4 nomeamentos, incluído mellor filme e mellor guión.
- 2002: Premios BAFTA: nomeado a mellor filme de fala non inglesa.
- 2002: Premios César: mellor actriz secundaria (Annie Girardot); nomeada a mellor actriz (Isabelle Huppert).
- 2002: Festival Internacional de Cine de Seattle: mellor actriz (Isabelle Huppert).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 74ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Pianiste na IMDb (en inglés).
- La pianiste en Rotten Tomatoes