A Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "La Paz, Bolivia")

Coordenadas: 16°30′S 68°09′O / -16.500, -68.150

A Paz
Chuquiago Marka
La Paz
Flag of lapaz.svg
Escudodearmaslapaz.gif
Central La Paz Bolivia.jpg
Vista panorámica de La Paz, Bolivia.
Localización
La Paz en Bolivia
La Paz
La Paz
País Flag of Bolivia.svg Bolivia
Provincia Pedro Domingo Murillo
Departamento Departamento de La Paz
Xeografía
Altitude 3 650 msnm
Superficie 193 km²
Demografía
Poboación 905 480 hab. (2010)
Densidade hab/km²
Outros datos
Alcalde Luis Revilla (2010-2015)
www.lapaz.bo

A Paz, en español La Paz, e en aimará Chuquiago Marka ou Chuqiyapu) é a capital administrativa de Bolivia. É tamén a capital do departamento de La Paz. A cidade está a unha altura de 3 660 metros sobre o nivel do mar, e forma xunto coa cidade d' El Alto (4 000 metros sobre o nivel do mar) o núcleo urbano máis poboado de Bolivia. A súa poboación estimada é 1 613 000 habitantes.

Foi fundada polo capitán español, Alonso de Mendoza o 20 de outubro de 1548. O seu nome completo é Nuestra Señora de La Paz, e conmemora a restauración da paz após a guerra civil que seguiu á insurrección de Gonzalo Pizarro, durante a primeira fase da colonización española.

Na actualidade, La Paz non é a cidade máis próspera e dinámica na Bolivia. Nas últimas décadas, a cidade de Santa Cruz de la Sierra, está crecendo desordenadamente pero constantemente.