La Paz (Baixa California Sur)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "La Paz, Baja California Sur")

Coordenadas: 24°08′32″N 110°18′39″O / 24.14222, -110.31083

La Paz (Baixa California Sur)
EscudoLaPaz.jpg
Cathedral of La Paz, Baja California .jpg
Catedral de La Paz.
Situación xeográfica
La Paz en México
La Paz
La Paz
País Flag of Mexico.svg México
Estado Baixa California Sur
Concello La Paz
Xeografía
Altitude 27 msnm
Superficie 894 km²
Poboación
Poboación 251 178 hab. (2010)[1]
Densidade 10 361 hab/km²
Xentilicio Paceño
Información
Código postal
Alcalde Armando Martínez Vega (PAN)
Páxina web Páxina oficial de La Paz

La Paz (en guaicurá Airapí) é unha cidade mexicana, cabeceira municipal do concello homónimo e capital administrativa do estado de Baixa California Sur, que se localiza no sur da Península de California, no noroeste de México. Atópase a uns 215 quilómetros ao sur de Ciudad Constitución, e a uns 202 ao norte de Cabo San Lucas. No 2005, tiña 189.176 habitantes segundo o Instituto Nacional de Estadística y Geografía, no ano 2010 os habitantes eran 215.178, é unha das cidades de máis crecemento demográfico no estado.[1]

É unha cidade de carácter turístico e administrativo por ser capital estatal bañada polo Golfo de California á beira dunha enseada, o nome é Bahía de La Paz. Conta co aeroporto internacional, chamado Manuel Márquez de León[2] e o porto máis próximo é o porto de Pichilingue, principal conexión cos portos mexicanos e internacionais.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Airapí identifícase como o primeiro nome na lingua guaicurá, coa chegada dos españois o lugar chamouse Misión de Nuestra Señora del Pilar de Airapí.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa do século XVII que representa o porto de La Paz con unha vila indíxena.

Os primeiros poboadores do lugar eran os guaicurás e os pericúes, os pobos indíxenas que habitaban o sur da península. Existe un rastro arqueolóxico perto da cidade, chamado El Conchalito, unha estrutura funeraria onde se fundou unha localidade indíxena antes da chegada dos españois.[4]

Hernán Cortés ordenou a primeira viaxe para aquelas terras no ano de 1533. El mesmo dirixiu a segunda expedición, chegando á baía o 3 de maio de 1535 e bautizou a illa co nome de baía da Santa Cruz, mais foi abandonando o campamento dous anos despois principalmente pola aridez da terra que non permitía o cultivo.[5]

Os xesuítas fundaron entre 1720 e 1728 a misión nun lugar que os indíxenas guaicurás chamaban Airapí e que hoxe é coñecido como a cidade de La Paz.[6]

Turismo[editar | editar a fonte]

Malecón da cidade.

A principal atracción da cidade son as súas praias de area fina sen fortes ondas, un clima agradábel e unha boa infraestrutura turística. A cidade é coñecida como o Acuario do mundo polas investigacións do naturalista francés Jacques Costeau nesta rexión do estado.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]