La Nueva Galicia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Nueva Galicia.
La Nueva Galicia foi un periódico editado en Ourense en 1863.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico destinado a la defensa de los intereses morales del país, apareceu o 1 de xaneiro de 1863. Saía dúas veces por semana (mércores e domingo) dos obradoiros de Cesáreo Paz y Hermano. Entre os seus redactores figuraban Alejandro Quereizaeta, Lorenzo Gómez Quintero e Juan Manuel Paz Novoa. Creado co obxectivo de promover a construción do ferrocarril entre Vigo e Ourense e os intereses locais da provincia, incluíu artigos de fondo, variedades e soltos. Cesou co número 52 o 15 de xullo dese ano.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Valcárcel López, Marcos (1987). Deputación Provincial, ed. A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense. pp. 89–90. ISBN 84-505-5721-6.
- Carré Aldao, Eugenio. "Memoria acerca de la imprenta y el periodismo en la provincia de Orense". Boletín de la Real Academia Gallega (207): 78–80. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2013.