La Lucha (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Lucha
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

La Lucha foi un semanario publicado en Vigo entre 1898 e 1917.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario federal, apareceu o 1 de abril de 1898. Defensor do ideario e dos intereses do federalismo, tratou de continuar o labor de La Vanguardia e La Federación. O seu director, propietario e editor foi Arturo Fariña ata 1903, cando foi substituído por Joaquín Novoa Barros. Caracterizado pola súa maquetación, que facía que se abrise de esquerda á dereita, e polo seu estilo irónico e ferinte, foi un periódico de esquerdas e anticlerical, que mantivo polémicas coa prensa católica e conservadora, especialmente con El Restaurador. Foron os seus redactores Luis Suárez Gutiérrez, Humberto Cuíñas, Nicolás Paz Pardo e José Quintas da Vila, e entre os colaboradores figurou Eusebio Alonso Vieites. Incluíu editorial, poesías, reproducións de artigos e moi poucas noticias. Aínda que algunhas fontes dan como data de cesamento 1914, parece que aínda se editaba en 1917, posto que o seu director Pascual Ruiz Enríquez, foi procesado e xulgado en novembro dese ano por inxurias á Garda Civil.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Pontevedra, 24-11-1917, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]