La Lisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
La Lisa
La Lisa
Suburbs of Havana.jpg
Localización
Havana Map - La Lisa.png
PaísFlag of Cuba.svg Cuba
ProvinciaCidade da Habana
Xeografía
Superficie37.5 km2 km²
Demografía
Poboación142 124 hab (2017)

La Lisa é un dos 15 municipios da provincia da Habana, en Cuba.

Xurdiu da división político-administrativa realizada no país en 1976, antes desa data estaba integrado no municipio de Marianao. En 2017 tiña unha poboación de 142 124 habitantes.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Sitúase na periferia occidental da capital, limita ao norte co municipio de Playa, ao leste con Marianao, ao sur-suroeste con Boyeros e ao oeste co municipio de Bauta da veciña provincia de Artemisa. A súa extensión é de 37,5 km².

Barrios[editar | editar a fonte]

Dende a súa constitución e ata hoxe este municipio está composto por: El Cano, Guatao, Arroyo Arenas, La Lisa e Punta Brava, xunto con numerosos outros repartos, barrios ou fincas. Na súa conformación actual ten dúas áreas diferenciadas: a zona nordés do municipio, dende Quibú ata Arroyo Arenas e dende a Estrada Nacional ata a rúa 25, é unha zona moi urbanizada, na que os barrios están ligados consecutivamente cos seus núcleos máis antigos de poboación; e a zona suroeste, con características suburbanas ou semirurais, que inclúe a área de Cano-Valle Grande, La Concepción, parte de Arroyo Arenas, Guatao e Punta Brava.

Goberno[editar | editar a fonte]

O goberno exércese dende a Asemblea Municipal do Poder Popular, que é o maior organismo local do poder do Estado e, por conseguinte, está investida da máxima autoridade para o exercicio das funcións estatais na súa delimitación.

Esta Asemblea está formada por 89 delegados, agrupados en sete Consellos Populares, que son órganos do Poder Popular, local, de carácter representativos: Alturas de La Lisa, Balcón Arimao, El Cano-Bello 26 - Valle Grande, Punta Brava, Arroyo Arenas, San Agustín e Versalles-Coronela .

Todos os delegados, que son nomeados polos veciños nas asembleas dos barrios, son elixidos polo voto directo e secreto dos electores; estes á súa vez elixen ao presidente e vicepresidente da Asemblea Municipal.

Pobos irmandados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Municipios de Cuba". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  2. "Persoeiros Ilustres". Consultado o 18 de febreiro de 2018.