La Guadalupe é unha área municipalizada do departamento de Guainía. A súa cabeceira está no único centro poboado: Galilea. La Guadalupe localízase no extremo máis meridional do departamento, exactamente no brazo do Guainía. Tamén é o punto máis oriental de Colombia,[1] onde se atopa a tripla fronteira entre Colombia, Venezuela e o Brasil. Dista a uns 175 k de Inírida, a capital do departamento. Segundo o censo de 2025, tiña unha poboación de 296 habitantes.[2]
Ademais, neste concello atópanse os resgardos indíxenas da etnia kurripako: Bajo Río Guainía e Río Negro.