La Ducha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Ducha
PaísEspaña
Lugar de publicaciónA Coruña
Na rede
Galiciana: 3858
editar datos en Wikidata ]

La Ducha foi un semanario editado na Coruña en 1897.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 24 de xaneiro de 1897. Periódico semanal que aparecía os domingos. Estaba dirixido por Juan Cadaviero e o administrador era Joaquín Sánchez Fernández. Semanario de carácter conservador, defendeu a política de Cánovas del Castillo e dedicado ás noticias e comentarios locais e provinciais. O último número coñecido, o 37, apareceu o 3 de outubro de 1897.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]