A conquista do pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «La Conquête du Pain»)

A conquista do pan
Autor/aPiotr Kropotkin
OrixeFrancia
Lingualingua francesa
Xénero(s)filosofía política
Data de pub.1892
editar datos en Wikidata ]

A conquista do pan (título orixinal en francés La Conquête du Pain) é un libro do ruso Piotr Kropotkin publicado en 1892. Foi traducido ao galego polo ateneo libertario Lume Negro de Ponteareas e editado en 2010.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Orixinalmente escrito en francés, apareceu por primeira vez como unha compilación de artigos nos periódicos anarquistas Le Révolté e La Revolté (ambos editados por Kropotkin). Foi publicado como libro por primeira vez en París en 1892, cun prefacio de Élisée Reclus, que tamén suxeriu o título. Entre 1892 e 1894 foi serializado, en parte, no periódico londiniense Freedom, do que Kropotkin era cofundador. Foi traducido e reimpreso en numerosas ocasións. Kotoku Shusui traduciuno ó xaponés en 1909.

Neste traballo Kropotkin apunta o que el considera como os erros dos sistemas económicos do feudalismo e do capitalismo, e a creación de miseria e escaseza mentres promoven o privilexio para certas clases. El opta pola proposta dun sistema económico descentralizado baseado na axuda mutua e a cooperación voluntaria, afirmando que as tendencias para este tipo de organizacións xa existen, ámbalas dúas na evolución e a sociedade humana.

Inclúe 17 artigos:

  • As nosas riquezas
  • O benestar para todos
  • O comunismo anarquista
  • A expropiación
  • Os víveres
  • O aloxamento
  • O vestido
  • Vías e medios
  • As necesidades de luxo
  • O traballo agradable
  • O común acordo libre
  • Obxecións
  • O asalariamento colectivista
  • Consumo e produción
  • A división do traballo
  • A descentralización das industrias
  • A agricultura

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lume negro (2 de setembro de 2010). ""A CONQUISTA DO PAN" EN GALEGO". lumenegro.blogspot.com. Consultado o 30 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]