Saltar ao contido

La Billarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Billarda
 Título
La Billarda Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Publicación
 Data de publicación
1920 Editar o valor en Wikidata
 Lugar de publicación
 País de orixe
Datas e cronoloxía
 Data de creación
1920 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
Galiciana: 577294
Wikidata

La Billarda foi un semanario editado en Ourense entre 1920 e 1921.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Ex-semanario festivo, apareceu o 5 de setembro de 1920. Publicación sarírico-humorística, contiña artigos en prosa, versos e caricaturas de carácter festivo. Dirixido por Ceferino Valencia Nóvoa, entre os seus colaboradores literarios figuraron Xavier Prado Lameiro, Arturo Noguerol Buján, Sueiro e José Fernández Gallego. Das ilustracións encargábanse A. R. Veiras, Julio Prieto Nespereira e Pedro García del Villar. A maioría dos artigos estaban asinados con pseudónimos (Purita Bolcheviki, Calvelito Chico, Cadelo, Achecé, El Duende Rojo). Só apareceron en galego algúns poemas de Vicente Risco e un artigo de A. Losada. Desapareceu despois de varios números, volvendo reaparecer o 15 de febreiro de 1921. Cesou definitivamente en 1921.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]