A Bela Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «La Belle Otero»)
Agustina Otero Iglesias
A Bela Otero, fotografía de Jean Reutlinger.
Nome completoAgustina del Carmen Otero Iglesias
Alcume/outrosA Bela Otero ou Carolina Otero.
Nacemento4 de novembro de 1868 e 1868
LugarValga
Falecemento12 de abril de 1965, 10 de abril de 1965, 1965 e 13 de abril de 1965
LugarNiza
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoRussian Orthodox Cemetery in Nice e Cementiri de l'Est
NacionalidadeEspaña e Francia
Profesiónactriz e bailarina
Na rede
IMDB: nm0652800 Bitraga: 1051 BUSC: bella-otero-la-1868-1965 WikiTree: Iglesias-7 Find a Grave: 7266584 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Agustina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como a Bela Otero ou Carolina Otero, nada na parroquia de San Miguel de Valga do concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega residente en Francia e un dos personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estatua nos xardíns de Valga, obra de Camilo Seira.[2]

Nada en Valga, Pontevedra, os seus apelidos son os da súa nai, xa que nunca foi recoñecida polo pai. Dada a súa difícil situación, xa de pícara foi traballar de criada a Santiago de Compostela. Aos dez anos sufriu unha violación que a deixaría estéril. Aos catorce, namora do seu compañeiro de baile Paco e foxen xuntos a Lisboa, onde traballaron de bailaríns até que este a abandonou. Seguíndoo, chegou a Barcelona onde en 1888 un banqueiro moveu os fíos para facela triunfar como bailarina en Francia. Foi con el até Marsella, onde axiña o abandonou e comezou a converterse en Carolina, a Bela Otero, unha xitana de Cádiz. Perseveraría neste papel toda a súa vida, e con el chegou a ser a estrela do Folies Bergère en París e ser unha das mulleres máis desexadas de Europa.

A condición da muller no espectáculo daquela era esvaradía, e polo xeral foi considerada unha cortesá con relacións co máis granado da aristocracia europea: o rei Eduardo VII de Inglaterra, o tsar Nicolao II e Gabriele d'Annunzio.

Retirouse en 1910 e dilapidou a súa fortuna no Casino de Montecarlo para afundir paulatinamente na pobreza.

Influencia na cultura popular[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «La Bella Otero. Unha icona da Belle Époque europea», artículo de Encarna Otero Cepeda en el sitio web Cultura Galega. Consultado el 3 de julio de 2013.
  2. Camilo Seira é o nome artístico do escultor Camilo Rodríguez Vidal, natural de Seira, Rois.
  3. John Hall (2013-11-08). "La Belle Otéro' (Carolina Otéro) - Caught On Film in 1898". Consultado o 2016-10-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]