La Bandina
La Bandina | |
---|---|
Orixe | Asturias, España |
Período | 1996 – presente |
Xénero(s) | folk |
Selo(s) discográfico(s) | FonoAstur |
Membros | Santi Caleya Merce Santos David Varela Pablo Pumarada Juanjo Díaz Dani Jiménez Agus Lara Toño Gómez |
Antigos membros | Octavio Trapiella Manolo Durán |
Na rede | |
labandina.com | |
![]() ![]() ![]() |
La Bandina é un grupo musical español de folk asturiano, formado en Asturias en 1996. O repertorio do grupo inclúe pezas tradicionais, pero tamén moitas composicións propias, e sempre cantan en asturiano.
Membros
[editar | editar a fonte]- Santi Caleya: saxofón, gaita, bombarda
- Merce Santos: zanfona
- David Varela: acordeón, voz
- Pablo Pumarada: percusións
- Juanjo Díaz: percusións
- Dani Jiménez: baixo eléctrico
- Agus Lara: trompeta, fliscorno
- Toño Gómez: trombón, bombardino
Membros anteriores
[editar | editar a fonte]- Octavio Trapiella: acordeón
- Manolo Durán: percusións
Historia
[editar | editar a fonte]Comezaron a súa andaina en 1996 coa intención de recrear as tradicións bandines de principios do século XX en Asturias, que tocaban pezas tradicionais dedicadas esencialmente ao baile. Ao primeiro chamábanse La Bandina les 47, facendo referencia ás 47.000 pesetas coas que presupostaban por entón calquera actuación o Concello de Aller. Cando nun cartel do Festival Folk de Plasencia o nome apareceu acurtado como La Bandina gustoulles e decidiron deixalo así.
En 2002 editan o seu primeiro álbum, Pa baiḷḷar (FonoAstur). En xuño de 2005, tamén en Fonoastur, publican o seu segundo disco, ...de romandela. Nel apréciase unha evolución que o leva a ser un éxito de público e crítica, chegando a ser considerado por algúns como un dos mellores álbums da historia do folk asturiano, e consolidando a La Bandina como un dos grupos máis recoñecidos no seu xénero.
O grupo celebrou en agosto de 2006 o seu décimo aniversario ampliando a súa formación e celebrando un concerto especial en Xixón, que sería editado nun CD-DVD.
Actuaron no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña), a Rua Viva en Évora (Portugal), o Festival Interceltique da Provenza, (Francia), o Cornemuses d’Europe de Borgoña (Francia) e a Fête de la Vielle de Anost (Francia).
Estilo
[editar | editar a fonte]O son de La Bandina é orixinal e diferente dos estilos máis frecuentes no folk asturiano, con instrumentos pouco usuais, como a zanfona, ademais dunha orixinal sección de percusión con bombo, tambor, congas e darbukas. Os seus discos inclúen diversas colaboracións vocais (entre as que destaca a de Anabel Santiago), e tamén instrumentais. A súa aposta máis rompedora até agora foi un remix electrónico do tema "Na caleya", do que se realizou un videoclip que conseguiu bastante popularidade.
Discografía
[editar | editar a fonte]* | Pa baillar | (2002) |
* | ...de romandela | (2005) |
* | 13 | (2008) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |