LNFA 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A LNFA 2018 foi a 24ª edición da Liga Nacional de Fútbol Americano. A máxima categoría recibe o nome de Serie A, e conta con 14 equipos participantes. O torneo comezou o 13 de xaneiro e rematou o 2 de xuño coa final que tivo lugar en Xixón.[1] Os Black Ravens de Santiago de Compostela convertéronse no primeiro equipo galego na historia da liga. Os Badalona Dracs competían como defensores do título acadado na LNFA 2017[2] e repetiron como campións derrotando a Murcia Cobras na final.

Formato[editar | editar a fonte]

LNFA Serie A - Grupo 1
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Dracs
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Firebats
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Imperials
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Pioners
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Voltors
2018
LNFA Serie A - Grupo 2
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Camioneros
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Cobras
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Giants
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Lions
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Sharks
2018
LNFA Serie A - Grupo 3
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Black Demons
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Black Ravens
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Coyotes
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Mariners
Casco
Brazo esquerdo Corpo Brazo dereito
Pantalóns
Medias
Osos
2018

A máxima categoría do fútbol americano español mudou de formato na tempada 2018. O número de equipos participantes medrou de 6 a 15, divididos en tres grupos por criterios xeográficos.[3]

Durante a fase de liga regular cada equipo disputará oito encontros, dous contra cada rival do seu propio grupo, e terá dúas xornadas de descanso, completándose un total de dez xornada de liga regular. Deste xeito, en cada xornada se disputarán seis encontros (dous por grupo) e haberá tres equipos descansando (un por grupo). Esta fase comezará o 13 de xaneiro de 2018, e rematará o 15 de abril.

Ó remate da liga regular establecerase unha clasificación conxunta dos tres grupos. Nela, os doce primeiros equipos da táboa xogarán as eliminatorias polo título, e os tres últimos xogarán as eliminatorias de descenso de categoría.

Na loita polo título os catro mellores da clasificación conxunta estarán exentos da primeira rolda de eliminatorias. Os restantes equipos disputarán entre eles unha eliminatoria (28/29 de abril) previa ós cuartos de final do seguinte xeito:

  • 5º contra 12º
  • 6º contra 11º
  • 7º contra 10º
  • 8º contra 9º

Os cuartos de final levaranse a cabo o 5/6 de maio:

  • (a) 1º contra 8º/9º
  • (b) 2º contra 7º/10º
  • (c) 3º contra 6º/11º
  • (d) 4 contra 5º/12º

As semifinais serán o 19/20 de maio:

  • (a) contra (d)
  • (b) contra (c)

A final celebrarase o 2/3 de xuño.

Por outra banda, as eliminatorias polo descenso serán entre o 5/6 de maio e o 9/10 de xuño. Dos tres equipos da Serie A participantes un descenderá, outro promocionará e outro manterá a categoría. Primeira eliminatoria:

  • 14º contra 15º (o perdedor descende á Serie B)

Segunda eliminatoria:

  • 13º contra 14º/15º (o gañador acada a permanencia)

A terceira eliminatoria:

  • Subcampión da Serie B contra o perdedor da segunda eliminatoria (o gañador xogará en Serie A e o perdedor en Serie B) [4]

Táboa[editar | editar a fonte]

Pos. Equipo % X G E P Dif Def
 Murcia Murcia Cobras 1.000 8 8 0 0 254 4'9
 Cataluña Badalona Dracs 1.000 6 6 0 0 243 5'8
 Comunidade de Madrid Osos Rivas 0.875 8 7 0 1 221 8'6
 Comunidade de Madrid Las Rozas Black Demons 0.875 8 7 0 1 253 8'3
 Comunidade de Madrid Camioneros Coslada 0.750 8 6 0 2 222 4'9
  Valencia Firebats 0.500 6 3 0 3 -39 22'5
 Asturias Gijón Mariners 0.500 8 4 0 4 -14 23'3
  Valencia Giants 0.500 8 4 0 4 -75 24'1
 Illas Baleares Mallorca Voltors 0.500 6 3 0 3 -50 28'3
10º   Santurtzi Coyotes 0.250 8 2 0 6 -162 32'9
11º  Andalucía Granada Lions 0.125 8 1 0 7 -196 29'8
12º   Alicante Sharks 0.125 8 1 0 7 -205 30
13º  Cataluña L'Hospitalet Pioners 0.000 6 0 0 6 -154 33'5
14º  Galicia Santiago Black Ravens 0.000 8 0 0 8 -298 39'8
15º  Cataluña Reus Imperials (retirados) - - - - - - -
  • %: Proporción de vitorias / X: Xogados / G: Gañados / E: Empatados / P: Perdidos / Dif: Diferenza entre puntos anotados e recibidos / Def: Media de puntos recibidos por partido

A clasificación establécese segundo a porcentaxe de encontros gañados. No caso de empate, estes son os criterios de desempate entre os equipos afectados:

  1. Maior porcentaxe de vitorias (%)
  2. Enfrontamentos directos
    1. Maior porcentaxe de vitorias (G/X)
    2. Menos puntos recibidos por partido (Def)
    3. Maior diferenza entre puntos anotados e recibidos (Dif)
  3. Menos puntos recibidos por partido no total da competición (Def)
  4. Maior diferenza entre puntos anotados e recibidos por partido no total da competición (Dif/X)
  5. Menos xogadores expulsados no total da competición
  6. Sorteo

Resultados[editar | editar a fonte]

Os Reus Imperials, vixentes subcampións da LNFA 2017, renunciaron a participar no torneo por razóns económicas e de persoal tres días antes do comezo da competición.[5]

13-14 de xaneiro 1ª xornada
40 - 13 Mariners - Coyotes
53 - 0 Cobras - Sharks
46 - 0 Black Demons - Black Ravens
- Dracs - Imperials
38 - 0 Camioneros - Lions
0 - 18 Voltors - Firebats
.
10-11 febeiro 4ª xornada
46 - 0 Osos - Black Ravens
48 - 8 Cobras - Lions
- Pioners - Imperials
41 - 0 Black Demons - Coyotes
48 - 6 Dracs - Firebats
28 - 6 Giants - Sharks
.
10-11 de marzo 7ª xornada
55 - 0 Osos - Coyotes
12 - 13 Pioners - Firebats
40 - 0 Black Demons - Mariners
7 - 0 Cobras - Camioneros
62 - 13 Dracs - Voltors
14 - 6 Giants - Lions
.
14-15 de abril 10ª xornada
- Imperials - Firebats
27 - 12 Osos - Mariners
7 - 41 Pioners - Voltors
8 - 0 Sharks - Lions
20 - 48 Black Ravens - Coyotes
0 - 47 Giants - Camioneros
.
19-20 de maio Semifinais
35 - 28 Cobras - Black Demons
48 - 0 Dracs - Osos
20-21 de xaneiro 2ª xornada
14 - 39 Mariners - Black Demons
13 - 16 Camioneros - Cobras
0 - 22 Lions - Giants
32 - 6 Firebats - Pioners
0 - 26 Coyotes - Osos
0 - 51 Voltors - Dracs
.
17-18 de febreiro 5ª xornada
7 - 47 Mariners - Osos
28 - 14 Lions - Sharks
- Firebats - Imperials
20 - 0 Coyotes - Black Ravens
42 - 16 Camioneros - Giants
39 - 13 Voltors - Pioners
.
24-25 de marzo 8ª xornada
23 - 0 Mariners - Black Ravens
42 - 0 Camioneros - Sharks
13 - 17 Black Demons - Osos
40 - 0 Cobras - Giants
42 - 3 Dracs - Pioners
- Voltors - Imperials
.
28-29 de abril Wildcards
10 - 53 Lions - Firebats
42 - 0 Camioneros - Sharks
50 - 0 Mariners - Coyotes
2 - 41 Giants - Voltors
.
.
.
2 xuño FINAL (Las Mestas, Xixón)
26 - 33 Cobras - Dracs
3-4 de febreiro 3ª xornada
35 - 37 Osos - Black Demons
6 - 34 Pioners - Dracs
0 - 35 Sharks - Camioneros
18 - 45 Giants - Cobras
0 - 49 Black Ravens - Mariners
- Imperials - Voltors
.
3-4 de marzo 6ª xornada
0 - 44 Lions - Camioneros
0 - 34 Sharks - Cobras
- Imperials - Dracs
20 - 27 Coyotes - Mariners
20 - 27 Firebats - Voltors
0 - 49 Black Ravens - Black Demons
.
7-8 de abril 9ª xornada
0 - 50 Lions - Cobras
- Imperials - Pioners
0 - 54 Coyotes - Black Demons
7 - 42 Firebats - Dracs
7 - 20 Sharks - Giants
0 - 37 Black Ravens - Osos
.
5-6 de maio Cuartos de final
20 - 15 Osos - Firebats
22 - 12 Black Demons - Camioneros
35 - 14 Cobras - Voltors
78 - 12 Dracs - Mariners

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]