L'Arroseur arrosé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O regador regado
Título orixinal L'Arroseur arrosé
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Louis Lumière
Produtor Louis Lumière
Guión
Baseado en
Intérpretes François Clerc
Benoît Duval
Música
Fotografía Louis Lumière
Montaxe
Estudio
Distribuidor
Ano 1895
Duración 49 segundos
País Flag of France.svg Francia
Xénero Comedia
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

L'Arroseur arrosé é un filme francés, mudo en branco e negro dirixido e producido por Louis Lumière e protagonizado por François Clerc e Benoît Duval. Foi estreado por primeira vez o 10 de xuño de 1895.

Trátase da máis temperá mostra de comedia coñecida no cine, así como o primeiro en representar unha historia ficticia. O filme foi orixinalmente coñecido como "Le Jardinier" (O xardineiro) ou "Le Jardinier et le petit espiègle" (O xardineiro e o pequeno pícaro).

Argumento[editar | editar a fonte]

Rodado en Lyon na primavera de 1895, o filme amosa unha sinxela broma na que un xardineiro é amolado por un rapaz que pisa a mangueira que o xardineiro está a empregar para regalas plantas, cortando dese xeito o fluxo de auga. Cando o regador olla no furado para inspeccionar que é o que detén a auga, o mozo ergue o pé, facendo que o xardineiro molle a cara. O xardineiro está atordado e seu chapeu está no chan, pero axiña se decata. Prodúcese entón unha persecución, tanto dentro como fóra da pantalla (a cámara nunca se move da súa posición orixinal) ata que o home atrapa ó rapaz e dálle unha tunda. [1]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Louis Lumière usou ó seu propio xardineiro, François Clerc, para interpretar o papel principal. Para o rapaz fedello, Lumière usou un aprendiz da factoría Lumière, que é creditado como Daniel Duval e Benoît Duval.[2] Mais parece que foi Léon Trotobas quen primeiro interpretou o papel en La Ciotat.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]