Saltar ao contido

Lóxica clásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O lóxico británico Augustus de Morgan (1806-1871), un dos pioneiros da lóxica clásica
O lóxico británico Augustus De Morgan (1806-1871), un dos pioneiros da lóxica clásica

A lóxica clásica, lóxica estándar[1][2] ou lóxica de Frege-Russell[3] é a clase máis estudada e empregada de lóxica dedutiva.[4] A nivel histórico, tivo moita influencia na filosofía analítica.

Características

[editar | editar a fonte]

Todos os sistemas lóxicos deste tipo comparten as seguintes características:[5]

  1. Lei do terceiro excluído e eliminación da dobre negación.
  2. Lei de non contradición e principio de explosión.
  3. Monotonicidade da implicación e idempotencia da implicación.
  4. Conmutatividade da conxunción.
  5. Leis de De Morgan: todo operador lóxico é dual doutro.

A meirande parte das discusións actuais sobre a lóxica clásica só inclúen as lóxicas proposicionais e de primeira orde.[4][6] A maioría das semánticas para a lóxica clásica son bivalentes, polo que as proposicións destes sistemas só poden categorizarse como verdadeiras ou falsas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]