Lê Ðức Thọ
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de outubro de 1911 Hà Nam, Vietnam (pt) |
| Morte | 13 de outubro de 1990 Hanoi, Vietnam |
| Causa da morte | cancro |
| Residencia | Cidade Ho Chi Minh |
| Relixión | Irrelixión |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Diplomacia e política exterior |
| Ocupación | político, militar, diplomático, revolucionario |
| Partido político | Partido Comunista de Vietnam |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral |
| Conflito | Guerra do Vietnam |
| Familia | |
| Parentes | Ding Deshan |
| Premios | |
Lê Ðức Thọ (en vietnamita: Lê Ðức Thọ,
pronunciación (axuda · info)), nado en Hà Nam o 14 de outubro de 1911 e finado en Hanoi o 13 de outubro de 1990, foi un revolucionario comunista, militar e político vietnamita, galardoado xunto con Henry Kissinger co Premio Nobel da Paz en 1973, mais el rexeitouno.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mocidade
[editar | editar a fonte]Naceu o 14 de outubro de 1911 na provincia vietnamita de Nam Ha co nome de Phan Đình Khải. En 1930 foi un dos fundadores do Partido Comunista de Indochina. Por isto as forzas coloniais francesas o aprisionaron desde 1930 até 1936, e outra vez entre 1939 e 1944. Desde a súa liberación axudou ao Viet Minh, o movemento vietnamita de liberación nacional contra o colonialismo frances, até que se asinaron os Acordos de Xenebra en 1954. Dende aquel momento liderou o Politburó Lao Dong do Partido dos Traballos de Vietnam, que actualmente é o Partido Comunista de Vietnam. Le Duc Tho coordinou a insurxencia comunista contra o goberno do Vietnam do Sur que comezou en 1956.
Acordos de Paz de París
[editar | editar a fonte]A guerra de Vietnam desenvolveuse a partir de 1960 entre guerrilleiros nacionalistas e comunistas en Vietnam do Sur co apoio activo de Vietnam do Norte. En 1964 os Estados Unidos interviñeron no conflito, creando a guerra internacionalmente coñecida de hoxe en día. Entre 1968 e 1973 realizáronse diversas roldas de negociacións entre ambas as partes en París, nalgunhas ocasións publicamente e outras de maneira privada.
Mentres Xuan Thuy foi o representante da República Democrática de Vietnam nas conferencias de París, Le Duc Tho e Henry Kissinger, secretario de estado do Goberno dos Estados Unidos, levaron a cabo unhas conversacións secretas que comezaron en febreiro de 1970 e que permitiron o alto o fogo nos Acordos de París do 27 de xaneiro de 1973. Nestes, aínda que a presenza estadounidense en Vietnam do Sur manteríase, garantíanse eleccións democráticas e libres e a futura reunificación do país.
O 27 de xaneiro é globalmente recoñecido como a data de promulgación dos acordos de paz, pero as negociacións continuaron por necesidade. Porén, os bombardeos continuaron en 1973 en diversas rexións de Vietnam do Norte, violándose desta maneira os acordos de paz de París por ambas as dúas partes. En xuño dese ano Le Duc Tho e Kissinger reuníronse outra vez en París para asinar un comunicado de axuda mutua e para pór en práctica todos os acordos previos.
En 1973 o Instituto Nobel concedeu a Le Duc Tho e a Henry Kissinger o Premio Nobel da Paz polos esforzos nos acordos de paz que puxeron fin á guerra de Vietnam. Porén, Le Duc Tho negouse a aceptar o premio argumentando que Vietnam aínda non estaba en paz, pero Kissinger aceptouno e conservouno. Morreu o 13 de outubro de 1990 a causa do cancro, en Hanoi.
