Saltar ao contido

Láudano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Láudano
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
Características
 Categoría farmacolóxica embarazo
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0bk58 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O láudano[1] (do latín antigo abdanum, este do latín ladănvm / ladanu, e á súa vez do grego antigo λάδανον) é unha tintura de opio preparada por primeira vez por Paracelso.[2]

Durante séculos foi vendido legalmente[3]; na España dos anos 1920 era vendido como fórmula maxistral e láudano de Sydenham. Este fora comercializado por Thomas Sydenham, ademais do extracto alcohólico de opio, contén tintura de azafrán e esencias de canela e cravo. No século XVIII tamén tiña sido formulado por Rousseau, que era médico persoal de Lois XIV de Francia.

Foi moi utilizado no século XIX como analxésico.

Principio activo e usos

[editar | editar a fonte]

Utilizábase para diminuír calquera tipo de dor e tamén contra a diarrea (receita que aínda se utiliza nalgúns casos). O seu ingrediente activo é a morfina, pero tamén contén codeína e narcotina[4]; este último non ten propiedades narcóticas e, en cambio, é antitusivo e tamén provoca molestias estomacais e vómitos.

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para láudano.
  2. ↑ "Pipa para opio". historia.nationalgeographic.com.es (en castelán). 2013-11-08. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-30.
  3. ↑ "El_nectar_divino_de_la_amapola_El_laudano_y_su_relacion_con_el_Circulo_Diodati_y_los_prerrafaelitas". Researchgate.net; Publicacións; C2 Ciencia e Cultura (en castelán).
  4. ↑ "Narcotina". Dicio (en portugués). Consultado o 2023-01-30.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]