L'Europe nouvelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L'Europe nouvelle, foi unha revista quincenal francesa sobre política internacional e francesa, economía e literatura que se editou en París entre 1918 e 1940.

Historia[editar | editar a fonte]

Creada por Louise Weiss co apoio financeiro do xornalista Hyacinthe Philouze, o seu primeiro número apareceu o 12 de xaneiro de 1918 e o derradeiro en xuño de 1940. A súa tiraxe era baixa, así e todo a publicación era influente xa que ía dirixida á elite gobernante do país. Louise Weiss colaborou ata a aparición do seu último editioral o 3 de febreiro de 1934.

A revista pretendía estudar as condicións da vida política, económica e social de Europa, e apoiaba as iniciativas destinadas a reconciliar os estados europeos e a manter a paz: relacións internacionais baixo os auspicios da Sociedade de Nacións, aproximación franco-alemá, desarmamento e os primeiros proxectos dunha Europa unida. Especializouse na publicación dos textos de grandes tratados internacionais e os informes das sesións da Sociedade de Nacións en Xenebra [1].

Notas [editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jean-Louis Debré et Valérie Bochenek, Ces femmes qui ont réveillé la France, París, Arthème Fayard, 2013