Saltar ao contido

L'Amour des trois oranges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L'Amour des trois oranges
 Título
Любовь к трём апельсинам (ru)
L'Amour des trois oranges (fr) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    L'Amour des trois oranges (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Baseado en
 Lingua
Implicados
 Compositor/a
 Libretista
Datas
 Fundación / creación
1919 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
século XX Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
30 de decembro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   2 h Editar o valor en Wikidata
 Número de partes
4
10
1 prólogo Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
Fontes e ligazóns
VIAF185085020 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03n2pm Editar o valor en Wikidata
IMSLP: The_Love_for_Three_Oranges_(opera),_Op.33_(Prokofiev,_Sergey) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

L'Amour des trois oranges (en francés) ou en ruso Любовь к трём апельсинам (transliterado Lyubov' k tryom apel'sinam, traducible ao galego como O amor das tres laranxas) é unha ópera satírica en catro actos e un prólogo con música e libreto en ruso de Sergei Prokofiev composta en 1919.[1] O seu libreto está baseado na obra teatral L'Amore delle tre melarance escrita por Carlo Gozzi en 1761, e baseada así mesmo no conto de fadas italiano homónimo escrito por Giambattista Basile. O libreto existe en dúas versións: unha en ruso (o orixinal) e unha en francés, traducido do ruso polo mesmo Prokofiev.

A ópera foi estreada pola Lyric Opera of Chicago o 30 de decembro de 1921 no Teatro Auditorium baixo a dirección do mesmo compositor[1] na versión francesa (titulada L'Amour des trois oranges) que realizara xunto con Vora Janacopulos. O éxito de público foi grande, mais a crítica reprochou a ausencia de melodía. A súa primeira produción en ruso en tivo lugar en Petrogrado (actual San Petersburgo) en 1926, e dende aquela entrou no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.

Unha suite sinfónica, que contiña algunhas das mellores partes da ópera, conseguiu así e todo conquistar rapidamente as salas de concertos de todo o mundo. Só un cuarto de século máis tarde, e co crecente prestixio do compositor, os teatros de ópera recoñeceron o valor desta obra extraordinaria. É a ópera máis representada de Prokofiev, e aínda o sería máis de non ser pola súa complexidade e o gran número de personaxes que interveñen.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Intérpretes o 30 de decembro de 1921
Director: Sergei Prokofiev
Rei de Trévos (Monarca dun reino imaxinario) baixo James Francis
O Príncipe (fillo do Rei de Trevos) tenor José Mojica
Fata Morgana (unha bruxa) soprano Nina Koshetz
Truffaldino (bufón da Corte) tenor Octave Dua
Leandro (Primeiro Ministro) barítono William Beck
Princesa Clarissa (sobriña do Rei) contralto Irène Pavlovska
Pantalón (conselleiro do Rei) barítono Désiré Defrère
Chelio (un mago) baixo Hector Dufranne
Princesa Ninetta soprano Jeanne Dusseau
Princesa Linetta contralto Philine Falco
Princesa Nicoletta mezzosoprano Frances Paperte
Esmeraldina (doncela de Fata Morgana) soprano Jeanne Schneider
Cleonte (cociñeiro da Corte) baixo Constantin Nikolay
Farfanello (un demo) baixo James Wolf
Mestre de cerimonias tenor Lodovico Oliviero
Un Heraldo baixo Jerome Uhl
Bailaríns, comediantes, cortesáns, demos, criados, soldados etc.
  1. 1 2 "The Love for Three Oranges, Op 33". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]