Kyūshū

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Kyushu")
Kyūshū - 九州
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Illa de Kyūshū
Datos
Cidade principal Fukuoka
País Flag of Japan.svg Xapón
Linguas
Poboación (2003) 14 779 000 hab.
Superficie 42.163 km²
Densidade 318´89 hab./km²
Concellos
Coordenadas 33°00′N 131°00′E / 33.000°N 131.000°E / 33.000; 131.000
Maior Altura 1.788 m Monte Kuju


Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Kyūshū (九州, きゅうしゅう) é a terceira maior illa do arquipélago xaponés. As principais cidades son Fukuoka, Kitakyūshū, Kumamoto e Kagoshima.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O terreo da illa é montañoso e conta co volcán activo máis grande de Xapón, o Aso que ten unha altitude de 1.592 m. Atópanse variada evidencia de actividade tectónica incluíndo numerosas lagoas termais. A máis famosas destas atópanse en Beppu ao nordés e en Aso, na rexión central da illa.

A rexión de Kyūshū (九州地方, kyūshū-chiho) contén sete prefecturas que se atopan na illa de Kyūshū.

A cidade máis populosa da illa é Fukuoka a cal é un porto e un centro da industria pesada. Kitakyushu tamén é unha cidade designada por decreto gobernamental e Ōmuta é outro centro industrial. O porto principal da rexión é Nagasaki.

Demografía[editar | editar a fonte]

Prefectura Capital Superficie (km²) Poboación(2010)[1] % Densidade concellos
Fukuoka Fukuoka 4.978,51 5 071 968 3,96% 1.020 60
Saga Saga 2.439,65 849.788 0,66% 346 20
Nagasaki Nagasaki 4.105,47 1 426 779 1,11% 343 21
Kumamoto Kumamoto 7.404,79 1 817 426 1,42% 244 45
Ōita Ōita 6.339,74 1 196 529 0,93% 187 18
Miyazaki Miyazaki 7.735,99 1 135 233 0,89% 146 26
Kagoshima Kagoshima 9.188,82 1 706 242 1,33% 184 43
Total 42.190,9 13 203 965 10,33% 311,6 233

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «総務省統計局» (en xaponés). Consultado o 8 de abril de 2013.