Kvant-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O módulo Kvant fotografiado durante a misión STS-63.

Kvant-1 foi un dos módulos que formaban a estación espacial Mir.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O módulo Kvant-1 foi o primeiro módulo do tipo 37KE e estaba destinado a facer observacións astrofísicas e experimentación en ciencia de materiais. Con 18.500 kg de masa, 13 m de longo e 4,2 de diámetro, foi lanzado o 31 de marzo de 1987 a bordo dun foguete Proton K e usaba a mesma computadora de voo deseñada para a estación Saliut 5B e o sistema de volante de inercia desenvolvido para as estacións Almaz. O módulo atracou coa estación o 12 de abril e permaneceu unido a ela ata a súa reentrada atmosférica, o 23 de marzo de 2001. En 1992 se lle agregaron propulsores de control de actitude para reducir o consumo de propelente durante as manobras de apuntado. Un dos paneis solares do módulo Kristall foi montado no módulo Kvant 1 en 1992 e substituído en 1995 por dous paneis cunha potencia de 12 kW. A mediados dos anos 1990 a maior parte da instrumentación do módulo xa non funcionaba e nos últimos días o módulo usábase como almacén de lixo.[1][2]

O módulo estaba dividido nun compartimento presurizado cun volume de 40 m3 e un compartimento non presurizado. A parte presurizada á súa vez dividíase nunha zona de laboratorio e nunha zona de habitación. A parte non presurizada contiña estabilizadores de potencia e no seu exterior do módulo saían dous mastros para experimentos científicos.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Kvant" (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kvant 1 (37KE, 11F37)" (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]