Kuvempu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKuvempu

Kuvempu na década de 1940
Nome orixinalKuppali Venkatappa Puttappa
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1904
Hirekodige, Reino de Mysore
Morte11 de novembro de 1994 (89 anos)
Mysore
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia India
EducaciónUniversity of Mysore (en) Traducir
Maharaja's College, Mysore (en) Traducir
Hardwick High School and College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, crítico literario e pensador
Período de actividadeséculo XX
Xénero artísticoMahakavya
Pseudónimo literarioಕುವೆಂಪು Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua kanaresa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosPoornachandra Tejaswi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
premio Jnanpith

Páxina webkuvempu.com


Kuppali Venkatappa Puttappa, nado en Hirekodige o 29 de decembro de 1904 e finado en Mysore o 11 de novembro[1] de 1994, máis coñecido polo seu sobrenome literario Kuvempu ou por K. V. Puttappa, foi un escritor, crítico literario e pensador kanarés. Considerado o meirande poeta kanarés do século XX. Foi o primeiro escritor kanarés en recibir o premio Jnanpith.[2]

O goberno de Karnataka concedeulle o título honorífico de Rashtrakavi ("poeta nacional") en 1958 e o de Karnataka Ratna ("xema de Karnataka") en 1992. A súa narrativa épica Sri Ramayana Darshanam, unha interpretación moderna da épica hinduísta india Ramayana, está considerado como o rexurdimento do xénero Mahakavya nunmha forma contemporánea. A letra do himno oficial de Karnataka Jaya Bharata Jananiya Tanujate é un dos seus poemas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A casa de Kuvempu, "Udayaravi", en Mysore

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Kuvempu naceu no distrito de Chikmagalur na casta vokkaliga, seu pai chamábase Venkatappa Gowda e súa nai Seethamma. De rapaz viviu coa súa familia no distrito de Shivamogga. Ao primeiro recibiu educación na súa casa cun profesor particular e logo foi continuou estudos en Tirthahalli mais en Mysore. En 1929 graduouse en kanarés na Universidade de Mysore. Casou o 30 de abril de 1937 e tivo dous fillos, K P Poornachandra Tejaswi, tamén escritor, e Kokilodaya Chaitra, e dúas fillas, Indukala e Tharini.

Carreira[editar | editar a fonte]

Logo de se graduar foi lector de kanarés na Universidade de Mysore en 1929 e profesor asociado na Universidade de Bangalore desde 1936. Volveu a Mysore como profesor en 1946. Foi vicechanceler [3] da Universidade de Myrose desde 1956 ata a súa xubilación en 1960.

Obra[editar | editar a fonte]

Poema de Kuvempu

Kuvempu comezou a escribir en inglés, publicando tan só unha colección de poesía co título de Beginner's Muse mais logo cambiou para a súa lingua materna, o kanarés, encabezando o movemento para facer desa lingua o medio de ensino baixo o lema "educación na lingua materna". Fundou o instituto de estudos kanareses da Universidade de Mysore co nome de Kannada Adhyayana Samsthe.

Na súa obra foi contra o sistema de castas e o ritual relixioso sen sentido. A súa versión do Ramayana publicada en dous volumes en 1949 e 1957, Sri Ramayana Darshanam, é unha recreación total, dos personaxes e das ideas filosóficas, morais e espirituais da obra orixinal, mantendo a natureza simbólica orixinal. É un dos representantes máis coñecidos da xeración Navodaya, que renovou a poesía kanaresa [4]. Tamén un recoñecido dramaturgo, unha das súas obras máis populares é Raktaakshi, publicada orixinalmente en 1932, é unha recreación cultural do Hamlet de Shakespeare.[5]

Épica[editar | editar a fonte]

  • Sri Ramayana Darshanam - Volume-1 (1949), Volume-2 (1957)
  • Chitrangada

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Kolalu (1930)
  • Paanchajanya (1936)
  • Navilu (1937)
  • Kindarijogi Mattu Itara Kavanagalu (1938)
  • Kogile Mattu Soviet Russia (1944)
  • Shoodra Tapaswi (1946)
  • Kinkini (1946)
  • Agnihamsa (1946)
  • Prema Kashmira (1946)
  • Chandramanchake Baa Chakori (1954)
  • Ikshugangotri (1957)

Novela[editar | editar a fonte]

  • Kaanuru Heggadati (1936)
  • Malegalalli madumagalu (1967)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Birugaali (1930)
  • Maharatri (1931)
  • Smashana Kurushethram Mattu Maharatri (1931)
  • Jalagaara (1931)
  • Raktaakshi (1932)
  • Shoodra Tapaswi (1944)
  • Beralge koral (1947)

Autobiografía[editar | editar a fonte]

  • Nenapina Doniyali (vol 1-2, 1980)

Relatos[editar | editar a fonte]

  • Sanyaasi Mattu Itare Kategalu (1937)
  • Nanna Devaru Mattu Itara Kategalu (1940)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  1. Malenaadina Chitragalu (1933)

Crítica literaria[editar | editar a fonte]

  • Atmashreegagi Nirankushamatigalagi (1944)
  • Kavyavihara (1946)
  • Taponandana (1951)
  • Vibhuthi Pooje (1953)
  • Draupadiya Shrimudi (1960)
  • Vicharakrantige Ahvana (1976)

Biografía[editar | editar a fonte]

  • Swami Vivekananda(1932)
  • Sri Ramakrishna Paramahamsa (1934)

Relatos e poemas infantís[editar | editar a fonte]

  • Bommanahalliya kindarijogi(1936)
  • Mari vijnani(1947)
  • Meghapura (1947)
  • Nanna mane (1947)
  • Nanna gopala
  • Amalana kathe
  • Sahasa pavana
  • Modannana Tamma
  • Narigaligeke Kodilla
  • Haluru

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Gentle Radiance of a Luminous Lamp". Ramakrishna Math. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2006. 
  2. Jnanpith Laureates Arquivado 14 de xullo de 2016 en Wayback Machine. jnanpith.net
  3. Na India equivale a un vicerreitor pero coas atribucións dun reitor
  4. Nicolae Sfetcu (2014) Poetry Kaleidoscope
  5. Basavaraj Naikar (2005) Literary Vision Sarup & Sons, 2005pp. 367-381

Véxase tamén[editar | editar a fonte]