Kushanku (kata)

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Kushanku
Grafía
Grafía orixinalKanji: 公相君
Informacións xerais
Arte marcialKarate
EstiloShuri-te
CategoríaKata
OrixeShuri
CreadorKanga Sakugawa

Kushanku (en xaponés: 公相君) é un kata do karate adestrado en varios estilos, e a súa autoría é atribuída ó mestre Kanga Sakugawa que compilou tódalas ensinanzas que recibira dun experto de wushu chinés chamado Kwan Shang Fu, que estivo en Okinawa nunha misión ordenada polo propio emperador chinés. Hai varias versións, que son adestradas naquelas ramas derivadas dos estilos Shuri-te e Shorin-ryu e que poden ser ben distinguidas das formas orixinais, como son os casos dos estilos Shotokan e Wado-ryu, que foron moi cambiadas polos creadores dos estilos.[1][2]

Historia[edit | edit source]

Cando o mestre Kushanku estivo en Okinawa, tivo algúns alumnos con quen compartillou a súa arte marcial, e entre eles estaba Kanga Sakukawa, que sobresaíu e acabou viaxando ata o continente con Kushanku. Así, sobre a creación do kata, algúns din que foi o propio mestre chinés quen ensinou a Sakukawa, e que este, despois da despedida do seu mestre, pasou a chamar o kata polo nome do profesor, como forma de homenaxe; outros, porén, din que os acontecementos apuntan á hipótese de que Sakugawa compilara tódalas técnicas recibidas en dúas formas, longa e curta, denominando dous katas, kushanku dai e kushanku sho, co nome do seu mestre.[2][3]

Tradicionalmente, antes da existencia da luz eléctrica, cando os habitantes das cidades e do campo eran máis susceptibles a emboscadas nocturnas, dise que o kata foi creado cun repertorio de golpes para seren usados durante a noite ou na penumbra, pois moitas das técnicas presentes son evidentemente adaptadas a ese tipo de escenario, e o obxectivo do seu adestramento sería exercitar aquelas técnicas de defensa contra ataques fortuítos.[2][4]

Características[edit | edit source]

O comezo do kata é unha mirada para riba e ámbolos brazos facendo un grande círculo, o que pode parecer unha medida de pouca utilidade, mais que en verdade é unha técnica de loita so a luzada da noite, pois o loitador usa a visión periférica para percibir todo o ambiente. Hai tamén técnicas de postura e movementos que son realizados próximos ao chan, o que deixaría o loitador en situación desfavorable, é para permanecer abaixo dos golpes os opoñentes e, simultaneamente, consegue enxergar mellor coa pouca luz. Outros, porén, consideran iso unha técnica de nage waza, para atacar coas mans as pernas dos opoñentes.[5][6]

O kata ten como obxectivo desenvolver a máxima atención e os demais sentidos, alén da visión, pois adéstrase a percepción dun ataque inminente, ou sexa, zanshin, pois coa comprensión das técnicas fai que non se desperdicie enerxía, alén do necesario, nin se asuman posturas ríxidas, inflexíbeis, mental e fisicamente. O kata Kushanku ensina a activar os sentidos, focalizar a mente na percepción do perigo e elaboración da estratexia.[7]

Notas[edit | edit source]

  1. "Kushanku" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2010. Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 James James. "‘Kanku Dai’ Kata Notes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  3. "Kusanku (公相君)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  4. Joe Swift. "Roots Of Shotokan: Funakoshi's Original 15 Kata (Part 2) Pinan, Naihanchi, Kushanku & Passai Kata" (en inglés). 
  5. Yokota, Kousaku (2013). Shotokan Mysteries: The Hidden Answers to the Secrets of Shotokan Karate (en inglés). Bloomington: Xlibris. pp. 69–71. 
  6. Lind, Werner (1998). Karate. I kata classici nell'insegnamento dei grandi maestri (en italiano). Traducido por antonio Manco. Roma: Mediterranee. pp. 87–89. 
  7. Nagamine, Shoshin (2002). L'essenza del karate-do di Okinawa (en italiano). Traducido por Alessio Risoldi. Roma: Mediterranee. pp. 230, 231.