Saltar ao contido

Kuressaare

Modelo:Xeografía políticaKuressaare
Imaxe

Localización
Mapa
 58°15′12″N 22°29′10″L / 58.253333333333, 22.486111111111
PaísEstonia
CondadosCondado de Saare
Concello ruralConcello de Saaremaa Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación13.185 (2024) Editar o valor en Wikidata (849 hab./km²)
Xeografía
Superficie15,53 km² Editar o valor en Wikidata
Creación1154 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXoán o Evanxelista Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal93813 Editar o valor en Wikidata

Kuressaare é unha cidade da illa de Saaremaa, en Estonia. É o centro administrativo do concello de Saaremaa e a sede do condado de Saare. Kuressaare é a cidade máis occidental de Estonia. A poboación rexistrada o 1 de xaneiro de 2024 era de 13 185 habitantes.[1][2]

A cidade está situada na costa sur da illa de Saaremaa, fronte ao golfo de Riga do mar Báltico, e está servida polo aeroporto de Kuressaare, o porto de Roomassaare e o porto de iates de Kuressaare.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Castelo de Kuressaare.

O nome histórico de Kuressaare, Arensburg[3] (do alto alemán medio a(a)r: aguia, ave rapaz), provén da denotación latina arx aquilae para o castelo da cidade. A fortaleza e a aguia, símbolo tetramorfo de San Xoán Evanxelista, tamén aparecen representadas no escudo de Kuressaare.

A cidade, que medrou ao redor da fortaleza, era coñecida simultaneamente como Arensburg e Kuressaare linn;[4] este último nome é unha combinación de Kuressaare -un nome antigo da illa de Saaremaa- e linn, que significa cidade.[5] Alternativamente, o nome da cidade pode vir de kurg (grou) e saare (illa), un nome que puido proceder do nome e do escudo alemáns da cidade, ou puido existir antes da chegada dos colonos alemáns.[6] Finalmente, o nome da cidade ficou como Kuressaare[5] e fíxose oficial en 1918 despois de que Estonia declarara a súa independencia da República Soviética Federativa Socialista de Rusia.[15] Baixo o dominio soviético, a cidade pasou a chamarse Kingissepa en 1952. Este nome veu do bolxevique de Kuressaare, Viktor Kingissepp[5], executado en 1922. O nome Kuressaare foi restaurado en 1988.[5]

Hai nove barrios en Kuressaare:[7]

  • Ida-Niidu.
  • Kesklinn.
  • Kellamäe.
  • Marientali.
  • Põllu alev.
  • Roomassaare.
  • Smuuli.
  • Suuremõisa.
  • Tori.

Kuressaare ten un clima continental húmido con veráns cálidos, lindando cun clima oceánico, categorizado como Dfb no sistema de clasificación climática de Köppen.[8] O seu clima é bastante semellante ao de Shelburne, Nova Escocia (no Canadá).[9]

Datos climáticos para Kuressaare (1971–1999)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 8,3 10,8 12,1 24,0 26,2 31,4 30,9 32,0 24,5 18,6 12,6 9,4 32,0
Media máxima en °C −0,1 −0,8 1,8 7,5 14,6 18,6 20,7 20,0 15,1 9,9 4,8 1,6 9,5
Media diaria en °C −2,2 −3,3 −0,9 3,6 10,0 14,5 16,9 16,4 11,9 7,4 2,8 −0,4 6,4
Media mínima en °C −4,9 −6,2 −3,8 0,4 5,7 10,4 13,1 12,7 8,8 4,7 0,6 −3,1 3,2
Temperatura mínima en °C −31,6 −29,8 −20,9 −9,4 −3,8 1,0 6,4 3,7 −3,1 −9 −16,4 −32,6 −32,6
Precipitación media mm 44 31 33 35 32 49 58 63 71 72 72 59 617
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 11 8 9 8 6 7 7 10 12 12 14 14 118
Humidade relativa media (%) 87 86 85 79 71 75 78 80 82 84 86 87 82
Fonte: Estonian Weather Service[10][11]
  1. "Rahvastik soo, vanuserühma ja 2017. aasta haldusreformi järgse elukoha järgi, 1. jaanuar". Statistics Estonia. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  2. Statistics Estonia
  3. Bes, Lennart; Frankot, Edda; Brand, Hanno (2007). Baltic Connections: Denmark, Estonia, Finland, Germany. BRILL. p. 178. ISBN 978-90-04-16431-4. Consultado o 4 de xuño de 2012. 
  4. "Kuressaare linn". 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Pospelov (1993), p. 28
  6. "Kuressaare". [KNR] Dictionary of Estonian Place names. Eesti Keele Instituut (Estonian Language Institute). Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  7. "LINNAOSADE JA -JAGUDE LÜHENDID". www.eki.ee (en estoniano). Consultado o 18 de marzo de 2020. 
  8. "Kuressaare, Estonia - Climate Data". Weather Atlas. Consultado o 23 de febreiro de 2025. 
  9. "Average Weather in Kuressaare, Estonia Year Round". WeatherSpark. Consultado o 23 de febreiro de 2025. 
  10. "Kliimanormid-Õhutemperatuur" (en estoniano). Estonian Weather Service. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  11. "Kliimanormid-Sademed, õhuniiskus" (en estoniano). Estonian Weather Service. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Поспелов (Pospelov), Е. М. (Ye) (1993). Имена городов: вчера и сегодня (1917–1992). Топонимический словарь [Nomes de cidades: onte e hoxe (1917–1992). Diccionario toponímico] (en ruso). Moscova: Русские словари.