Kunya-Urgench
| (tk) Köneürgenç | ||||
| Tipo | sitio arqueolóxico | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Lista do Patrimonio da Humanidade en Asia Central e Setentrional | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Köneürgenç District, Turkmenistán (en) | |||
| ||||
| Características | ||||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio cultural → Asia-Oceanía insular | |||
| Data | 2005 (29ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iii) | |||
| Identificador | 1199 | |||

Kunya-Urgench (Vella-Urgench) era a antiga capital do estado de Corasmia, actualmente dentro de Turkmenistán, na provincia de Daşoguz. Urgench, en persa Gurgandj, en árabe Jurjâniya, deu seguramente o seu nome ao organdí.
Presérvanse varios monumentos en Kunya-Urgench, os mausoleos de Fahrad-din Razi (século XIII), Tekesh Khorezmshakh (século XIII) e Turabek-khanum Kala (século XIV); a fortaleza de Ak-Kala e o minarete da mesquita (con 62 metros de altura), son exemplos da escola de arquitectura e construción urgench.
No ano 2005, as ruínas de Kunya-Urgench foron inscritas como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Foi devastada en 1220 polos mongois de Xenxis Khan, logo foi abandonada a causa do cambio do curso do río Amu Daria; e a moderna Urgench renaceu a uns 150 km da antiga, no actual Uzbekistán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kunya-Urgench |
