Kugelmugel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República de Kugelmugel
Republik Kugelmugel
Wien in Austria.svg
EstadoFlag of Austria.svg Austria
CapitalKugelmugel
 • Poboación1
Cidade máis poboadaKugelmugel
Lingua oficialAlemán
Forma de gobernoMicronación
Presidente
Edwin Lipburger
Fundación1984
 • Total7,68m (diámetro) km²
Fronteiras0 km
Costas0 km
 • Total1 (no exilio) hab.
 • Densidade1 hab./km² hab./km²
Fuso horarioGTM+1

A República de Kugelmugel (oficialmente en alemán: Republik Kugelmugel) é unha micronación autoproclamada, situada en Viena, Austria.[Cómpre referencia]

Situada no Prater, un famoso parque de Viena, a República de Kugelmugel declarou a súa independencia en 1984, despois de preitos entre o artista Edwin Lipburger e as autoridades austríacas sobre os permisos de construción da súa casa, con forma esférica, que foi construída no estado de Baixa Austria e transladada despois polas autoridades ata o parque. A casa está valada por un cable barbed e é o unico enderezo dentro da república. O seu enderezo é "2, Antifaschismusplatz 1" (2º distrito (Leopoldstadt),Praza Anti-Fascismo nº1), e o fundador é a cabeza de estado de centos de cidadáns non-residentes. Lipburger negábase a pagar impostos ao goberno austríaco e empezaba a imprimir os seus propios selos, feito polo que foi condenado á prisión. Só a indulxencia do presidente de Austria o salvou da prisión.

Despois da condena, oficiais estatais austríacos trasladaron a estrutura cara ao parque Prater e valárona.

Kugelmugel converteuse nunha atracción turística en Viena debido á súa historia e arquitectura única. A palabra "Kugel" significa "esfera" en alemán; a palabra "Mugel" é unha expresión austríaca que significa "moa".[1]

Kugelmugel na cultura[editar | editar a fonte]

Kugelmugel é un personaxe secundario do manga Hetalia: Axis Powers. É un rapaz amante de arte, con cabelo branco levado en trenzas xemelgas longas e ollos morados. El aparece dicindo 'Declarar a independencia é... arte?', e tamén se pregunta se o Baumkuchen é arte.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]