Home iraquí fotografado no 2003 levando unha kufiya.Yasser Arafat levando a súa icónica kufiya en 1974.
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A kufiya ou keffiyeh (en árabe:كوفية, que significa "da cidade de Kufa" (en árabe:الكوفة); plural كوفيات), tamén coñecida como ghutrah (غُترَة), shemagh (شماغ, chafiye (en persa:چَفیِه) ou cemedanî (en kurdo:جه مه داني), é unha peza de vestir tradicional do Oriente Medio con forma de bufanda a cadros, polo xeral feitos de algodón. É levada polos árabes, así como polos xudeus mizrahi e os kurdos.[1]
É empregado en rexións áridas xa que proporciona protección contra as queimaduras do Sol, o po e a area. O seu recoñecible patrón de cadros pode ter a súa orixe nas antigas representacións mesopotámicas de redes de pesca ou espigas de gran,[2] mais a verdadeira orixe deses patróns aínda é descoñecida.
↑J. R. Bartlett (19 de xullo de 1973). CUP Archive, ed. The First and Second Books of the Maccabees. p.246. ISBN978-0-521-09749-9. Consultado o 17 de april de 2013. traditional Jewish head-dress was either something like the Arab's Keffiyeh (a cotton square folded and wound around a head) or like a turban or stocking cap
↑Lindisfarne-Tapper, Nancy; Ingham, Bruce (1997). Languages of Dress in the Middle East. Surrey UK: Curzon Press. p.8. ISBN0-7007-0670-4.
Jastrow, Marcus (1926). Dictionary of Targumim, Talmud and Midrashic Literature. ISBN978-1-5656-3860-0. The lexicon includes more references explaining what a sudra is on page 962.