Kseniia Kachalina
Kseniia Kachalina | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1971 |
Lugar de nacemento | Saratov |
Nacionalidade | Rusia e Unión Soviética |
Alma máter | Instituto Gerasimov de Cinematografía e Saratov Conservatory |
Ocupación | actriz |
Cónxuxe | Mikhail Yefremov |
Fillos | Anna Maria Efremova |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Kseniia Mikhailovna Kachalina, nada en Saratov o 3 de maio de 1971, é unha actriz de cinema rusa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1987 entrou na facultade de interpretación do Conservatorio Sobinov de Saratov pero só permaneceu dous cursos deixando o centro en 1988 para marchar a Moscova[1] para formarse no Instituto Gerasimov de Cinematografía con Sergei Solovev e Valerii Rubinchink como os seus mestres.
Debutou no cinema en 1991 como protagonista do filme Neliubov e ao longo da década de 1990 e primeiros anos do século XXI protagonizou diversas películas, entre elas Arbitr (1992), Dikaia Liubov (1993) Nad Temnoi Vodoi (1993), Tri Sestry (1994), Tot, kto Nezhnee (1996), Tsirk sgorel, i klouny razbezhalis (1998), Romanovy: Ventsenosnaia semia (2000), Prazdnik (2001). Casou co actor Mikhail Efremov e en 2007 logo da súa ruptura deixou de actuar, marchou á India durante varios anos e tras volver a Moscova viviu recluída na casa, con problemas de adicción ao alcol [2].