Kronotsky
| Tipo | estratovolcán volcán | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Eastern Range (en) | |||
| Localización | ||||
| Continente | Asia | |||
| División administrativa | Rusia | |||
| ||||
| Cordilleira | Eastern Range (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 3.482 m | |||
| Prominencia topográfica | 2.736 m | |||
| Material ou ingrediente | basalto | |||
O Kronotsky, en ruso Кроно́цкая Со́пка, Kronótskaya Sopka, é un volcán situado na península de Kamchatka, en Rusia.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]

O Kronotsky atópase situado no leste da península de Kamchatka, en Rusia. Está rodeado polo lago Kronótskoye, o maior lago de auga doce de Kamchatka, ao oeste; polo volcán Krashenínnikov ao suroeste, polo río Lístvenichnaya que vai desde o lago Kronotsky ao océano Pacífico ao sueste e pola cadea volcánica Gamchen ao nordeste.[2] A cidade de Bogachiovka encóntrase ao nordeste, a de Kronoki ao leste - sueste, a de Zhupánovo ao sur - suroeste e a cidade de Petropávlovsk-Kamchatski a máis de douscentos quilómetros ao suroeste.
A montaña ten unha forma dun cono simétrico de dezasete quilómetros de ancho coas pendentes regulares cortadas por vales de douscentos metros de profundidade, formando un sistema hidrográfico radial. No lado norte do volcán, nun destes vales, atópase un glaciar que comeza na cima do volcán e discorre até os 900 metros de altitude. Esta cima chega a unha altitude de 3528 metros e está formada por un colo de lava basáltica-andesítica, rocha que se atopa só nunha pequena corrente de lava, mentres que o resto do volcán está formado por lavas basálticas.
Historia
[editar | editar a fonte]O Kronotsky formouse principalmente desde o final do Plistoceno até o Holoceno de maneira que se coñecen poucas erupcións volcánicas. Unha delas formou o lago Kronótskoye cando unha corrente de lava bloqueou o curso do río Lístvenichnaya ao comezo do Holoceno.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Kronotsky Volcano, Kamchatka" Oregonstate.edu.
