Saltar ao contido

Kritik der Urteilskraft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kritik der Urteilskraft

Tipoobra filosófica Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoensaio Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aImmanuel Kant Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalestética, obxectivo e Kantianismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Baseado enAesthetica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeReino de Prusia Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Identificadores
Open LibraryOL99841W Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesBNE: XX2187079
Wikidata ]

Kritik der Urteilskraft (en galego: Crítica do xuízo ou Crítica da capacidade de xulgar) é unha obra do filósofo Immanuel Kant, publicada por vez primeira en 1790. Ás veces é denominada a "terceira crítica", despois da Crítica da razón pura (1781) e a Crítica da razón práctica (1788).

Kritik der Urteilskraft é a terceira peza do proxecto crítico kantiano, comezado por Kritik der reinen Vernunft e Kritik der praktischen Vernunft. O libro está dividido en dúas seccións principais: a "crítica do xuízo estético" e a "crítica do xuízo teleolóxico". Así mesmo, inclúe unha visión global da totalidade do sistema kantiano na súa versión final. A chamada "primeira introdución" do texto non foi publicada en vida do filósofo, xa que este decidiu escribir outra diferente.

Este proxecto crítico, que buscaba explorar os límites e as condicións do coñecemento, xa ofrecera unha aproximación aos problemas da percepción na "Estética Transcendental" da Crítica da razón pura, na que se argumenta que espazo e tempo non son obxectos. Así, segundo Kant, o espazo e o tempo permiten á mente dos suxeitos organizar e estruturar o mundo sensorial.

A conclusión desta primeira crítica é que hai antinomías fundamentais no uso dialéctico da razón; en particular, que non se pode defender que todo comportamento e pensamento está determinado por causas externas e, ao mesmo tempo, que existen principios causais espontáneos no funcionamento da mente humana. A primeira postura, chamada determinismo causal, é asumida polos científicos. Este posicionamento conduce á idea de que existe unha ciencia final, quizais nunca atinxible, na que todo o coñecemento empírico pode sintetizarse nunha explicación causal completa de todos os sucesos do mundo. A segunda corrente, a da causalidade espontánea, é adoptada implicitamente pola xente no seu modo de comportarse moralmente; explórase máis en detalle na Crítica da razón práctica.

Neste contexto, a Kritik der Urteilskraft debate o lugar do xuízo en si mesmo, que se solapa tanto co entendemento (en alemán: Verstand) como razón (en alemán: Vernunft). O primeiro opera dentro dun marco determinista, namentres a segunda traballa sobre a base da liberdade.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Na primeira parta da obra, Kant presenta o que el chama os catro momentos do "xuízo do gusto". Están ordenados na seguinte secuencia:

  1. Primeiro momento: Calidade
  2. Segundo momento: Cantidade
  3. Terceiro momento: Relación das fins avaliadas polos xuízos de gusto
  4. Cuarto momento: modalidade do gozo do obxecto.

Tras a presentación destas fases, Kant comeza a súa discusión sobre o concepto de sublime.

O xuízo estético

[editar | editar a fonte]

A primeira parte do libro analiza os catro posibles xuízos estéticos reflexivos: o agradable, o belo, o sublime e o bo. Kant especifica que estes catro son os únicos xuízos estéticos posibles, xa que os relaciona coa táboa de xuízos exposta na Crítica da razón pura.

O agradable é un xuízo puramente sensorial, como "Esta comida está boa" ou "Esta cadeira é cómoda". Trátase de xuízos subxectivos, baseados só nas inclinacións da persoa que os emite. Pola súa banda, o bo é un xuízo en esencia ético; é dicir, unha afirmación de que algo se corresponde coa moralidade.

O resto de xuízos estéticos (o belo e o sublime) difiren dos dous anteriores. Son o que Kant denomina "xuízos subxectivos universais". Este aparente oxímoro indica que, na práctica, estes xuízos son subxectivos, e non están ligados a un concepto absoluto e determinado. Porén, o xuízo de que algo é belo ou sublime faise coa crenza de que o resto das persoas deberían asentir connosco, aínda que moitas delas non o fagan. A forza deste "deber" depende do sensus communis, do gusto da comunidade.

O elemento central da análise kantiana do xuízo da beleza é o que chama "xogo libre" entre a imaxinación e o entendemento.[1] Dicimos que un obxecto é belo porque a súa forma axústase ás nosas capacidades cognitivas e permite a experiencia dese "xogo libre" que nos produce pracer. Pola súa banda, o xuízo de que algo é sublime indica que algo vai para alén dos límites da nosa comprensión e, xa que logo, trátase dun obxecto terrorífico. Porén, Kant aclara que este obxecto non debe ser unha ameaza real; só recoñecemos que merece o noso terror.

A concepción kantiana do belo e o sublime adoita lerse como un intento de solucionar un dos problemas abertos pola súa descrición da moral na Crítica da razón práctica: que é imposible demostrar que os seres humanos temos libre arbitrio, polo que non se pode probar que esteamos sometidos a unha lei moral. O belo e o sublime parecen referir ambos a unha orde externa e, en consecuencia, á posibilidade dun "eu" nouménico que posúe libre albedrío.

Teleoloxía

[editar | editar a fonte]

A segunda metade da Kritik der Urteilskraft estuda os xuízos teleolóxicos. Trátase do modo de xulgar as cousas segundo a súa fin (en grego antigo: telos), que está loxicamente vencellado á discusión sobre a beleza. A diferenza do xuízo do belo, o xuízo teleolóxico suxire unha sorte de propósito ou sentido dun mesmo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]