Kristin Gierisch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKristin Gierisch

Kristin Gierisch no Campionato de Alemaña de atletismo 2015. Chemnitz.
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1990
Zwickau, Saxonia, Alemaña Alemaña
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
Altura1,78 m
Peso61 kg
Actividade
Ocupaciónatleta , policía Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPolícia Federal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor em Wikidata
DeporteAtletismo
Triplo salto
Disciplina deportivaTriplo salto Editar o valor em Wikidata
AdestradorHarry Marusch
Traxectoria
  Equipo Competición
- SV Vorwärts Zwickau (en) Traducir
- LAC Erdgas Chemnitz (en) Traducir
- TSV Bayer 04 Leverkusen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2021Xogos Olímpicos de 2020 (30ª)
2016Xogos Olímpicos de 2016 (11ª) Editar o valor em Wikidata

Instagram: kiri.1459 IAAF: 14277718 Olympic.org: kristin-gierisch Editar o valor em Wikidata


Kristin Gierisch, nada en Zwickau, Saxonia (Alemaña) o 20 de agosto de 1990,[1] é unha atleta alemá especializada na proba de triplo salto.

Gañou a medalla de prata no Campionato mundial en pista cuberta de 2016, no Campionato de Europa de 2018 e a de ouro no Campionato de Europa en pista cuberta de 2017. Ademais, foi cuarta no Campionato de Europa en pista cuberta de 2015 e novena no Campionato de Europa de 2014.

As súas mellores marcas persoais na competición de triplo salto son 14,45 m ao aire libre (-0,5 m/s, Berlín 2018) e 14,46 m en pista cuberta (Praga 2015).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Principais eventos[editar | editar a fonte]

No Campionato do mundo de atletismo en pista cuberta de 2016 gañou a medalla de prata no triplo salto, cun salto de 14,30 m, sendo superada pola venezolana Yulimar Rojas (ouro con 14,41 m) e por diante da atleta grega Paraskeví Papachristou (bronce con 14,15 m).[1]

O 10 de agosto de 2018, no Campionato de Europa de atletismo, no Estadio Olímpico de Berlín, Gierisch gañou a medallla de prata cun salto de 14,45 m, detrás da grega Paraskeví Papachristou (ouro, cun salto de 14,60 m), e por diante da española (galega) Ana Peleteiro (bronce, cun salto de 14,44 m).[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ficha. Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). Consultado el 17 de agosto de 2018.
  2. "Bronce para la historia de Peleteiro". La Voz de Galicia, 11-08-2018.
  3. "IAAF: Teenage Ingebrigtsen kicks to 1500m gold at European Championships. News". Consultado o 17 de agosto de 2018. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]