Saltar ao contido

Krill antártico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Krill antártico
Euphausia superba
James Dwight Dana 1850 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Fonte de
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseMalacostraca
OrdeEuphausiacea
FamiliaEuphausiidae
XéneroEuphausia
EspecieEuphausia superba Editar o valor en Wikidata
Dana, 1850 Euphausia superba Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bvv_ Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778296365 Editar o valor en Wikidata
UNIIF97Y39R826 Editar o valor en Wikidata
ITIS95514 Editar o valor en Wikidata
OTT411348 Editar o valor en Wikidata
UICN64239743 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O krill antártico (Euphausia superba) é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde Euphausiacea, que se atopa nas augas do Océano Antártico. O krill antártico é un invertebrado semellante aos carideos que vive en grandes grupos, chamados enxames, que ás veces chegan a contar con entre 10 000 e 30 000 animais por metro cadrado.[1] Aliméntanse de fitoplancto, utilizando a enerxía que captan da luz solar.[2] Medran ata unha lonxitude de 6 centímetros, pesan uns 2 gramos e poden vivir ata seis anos. Son unha parte fundamental do ecosistema antártico e, en termos de biomasa, son probablemente as especies animais máis prósperas do planeta (unhas 500 millóns de toneladas).[3]

Detalle da cabeza.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Todos os membros da orde Euphausiacea son crustáceos da superorde Eucarida, e teñen a placa corporal unida á cuncha e que se forma a cada lado das branquias do krill, visibles para o ollo humano. As patas non forman unha estrutura mandibular, o que diferencia esta orde dos decápodos ( cangrexos, etc.).

As entrañas do krill antártico adoitan ser visibles cunha cor verde brillante a través da súa pel transparente, o que indica que o seu principal alimento é o fitoplancto, especialmente as diatomeas moi pequenas (20 μm), que filtra da auga a través dunha "cesta" alimenticia.[4]

A cuncha cristalina das diatomeas é esmagada polo tubo gástrico e dixerida no hepatopáncreas. O krill antártico tamén pode capturar outros crustáceos da orde Amphipoda e da subclase Copepoda, así como outros compoñentes do zooplancto.

O intestino forma un tubo recto; a súa eficiencia non é moi alta, acostúmase atopar moito carbono nas feces.

Observouse que o krill pode comer animais da mesma especie. Se non se lle dá de comer, pode reducir o seu tamaño durante a muda, o que é excepcional para animais deste tamaño.

Distribución

[editar | editar a fonte]

O krill antártico abunda nas augas superficiais dos mares do sur: ten unha distribución circumpolar, coas concentracións máis altas no sector do océano Atlántico.

O límite dos sectores do océano Antártico, que inclúen os océanos Atlántico, Pacífico e Índico, está definido aproximadamente pola converxencia antártica, unha fronte circumpolar onde a auga superficial fría se mergulla baixo as augas subantárticas máis cálidas.

Distribución do krill.
  1. Hamner, William M.; Hamner, Peggy P.; Strand, Steven W.; Gilmer, Ronald W. (1983-04-22). "Behavior of Antarctic Krill, Euphausia superba: Chemoreception, Feeding, Schooling, and Molting". Science (en inglés) 220 (4595): 433–435. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.220.4595.433.
  2. Kils, U.; Klages, N. (1979). "Der Krill". Naturwissenschaftliche Rundschau 10: 397 – 402.
  3. Nicol, S.; Endo, Y. "Fisheries Technical Paper 367: Krill Fisheries of the World". fao.org. Arquivado dende o orixinal o 2006.
  4. "Antarctic krill Euphausia superba filter of thoracopods". ecoscope.com (en inglés).