Krav maga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Krav maga (en hebreo: קרב מגע, loita de contacto) é un sistema de autodefensa desenvolvido precipuamente para as forzas armadas israelís. É o resultado dos estudos e das experiencias reais de Imi Lichtenfeld, o cal incorporou no seu sistema os golpes e movementos de varias modalidades de loita, artes marciais ou deportes de combate.[1][2]

Seguindo o mesmo paradigma das artes marciais tradicionais, o krav maga naceu como froito dunha necesidade práctica e urxente: a supervivencia no ambiente conturbado da década de 1940, cando apareceu o nazismo e, tras a caída deste, o estado de Israel xurdiu. Nese escenario, manterse vivo era unha necesidade básica para a comunidade xudaica en Israel e nin sempre habería unha arma por preto, para alguén se defender. Por outro lado, o corpo humano adestrado é capaz de moitas proezas. O krav maga é froito desa percepción.[3][4]

As técnicas son compostas basicamente por técnicas de loita sen armas, con movementos simples e postura natural, mais tamén hai o manexo de certas armas e de todo e calquera obxecto que se poida usar como medio de defensa. Alén das técnicas, hai o desenvolvemento dunha filosofía, que anhela colocar en destaque a autoconfianza, o civismo e o respecto á vida.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Federação Portuguesa de Krav Maga (ed.). «História. Imi Lichtenfeld» (en portugués). Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  2. Lutas e Artes Marciais (ed.). «O que é Krav Maga» (en portugués). Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  3. «Krav maga. História» (en portugués). Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  4. «>מייסד שיטת קרב מגע ישראלי<» (en hebreo). Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  5. Kiani Victoria Wong. KNUXX, ed. «Imi Lichtenfeld - The Man Behind Krav Maga» (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2014.