Kosta Khetagurov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosta Khetagurov
Nacemento3 de outubro de 1859
Lugar de nacementoNar
Falecemento19 de marzo de 1906
Lugar de falecementoSelo imeni Kosta Khetagurova
NacionalidadeImperio Ruso
Alma mátersen etiquetar
Ocupaciónpoeta, escultor, escritor, pintor, Seraphic Doctor, prosista, dramaturgo e xornalista de opinión
editar datos en Wikidata ]
Kosta Khetagurov na súa época de estudante (entre 1875 e 1880)

Kosta Khetagurov (en oseto Хетӕгкаты Леуаны фырт Къоста), nado o 15 de outubro de 1859 en Nar e finado 1 de abril de 1906 en Labæ, foi un pintor e poeta oseto, considerado o fundador da literatura oseta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha pequena aldea de montaña. Seu pai, Levan Khetagurov, estaba á cabeza da milicia oseta ao servizo do Imperio Ruso, e súa nai era filla dun portaestandarte do exército imperial. Orfo de nai cando tiña  dous anos, quedou ao coidado dun familiar do pai. Tras rematar a súa primeira educación na súa localidade natal, continuou a estudar en Vladikavkaz. En 1870 seu pai á cabeza dos habitantes de Nara transladouse á rexión de Kuba e alí fundou o asentamento de Labæ [1]

Entre 1871 e 1881 estudou en Stavropol e foi nesta época cando comezou a pintar. En 1881 entrou na Academia das Artes de San Petersburgo pero en 1883 por problemas económicos viuse obrigado a deixar os estudos e acabou volvendo a Osetia. A partir de 1888 comezou a publicar poemas na prensa en oseto e ruso. En 1891 por conflitos co gobernador de Terek a raíz do peche dunha escola feminina[2] tivo que deixar Osetia, estableceuse en Labə e en 1893, o ano seguinte á morte de seu pai, marchou a Stravopol, editou o periódico Severny Kavkaz. Os anos entre 1893 e 1897 constitúen a época máis creativa do autor, publicando na prensa poesía rusa mentres continuaba a escribir poemas en oseto, malia non poder publicalos. En 1897 enfermou de tuberculose e o ano seguinte puido volver a Osetia, pero tivo que marchar por enfrontarse de novo co gobernador. En 1899 estableceuse en Khersón, no sur de Ucraína. En decembro de 1901 aveciñouse en Vladikavkaz, pintando e escribindo, pero enfermo de tuberculose os seus últimos anos fórono de dificultades económicas. En 1905 foi vivir á casa da súa irmá en Labæ, e alí morreu no ano seguinte.

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

A súa principal máis recoñecida é a colleita poética en oseto Iron fændyr publicada en 1899, e que levou a que moitos dos seus poemas se converteran en auténticas cancións populares e que gran número de artistas realizasen as súas propias versións. Outra das súas grandes obras é o poema épico Fátima que conta a historia de amor imposible polo diferente status social entre un abræg (bandido) checheno e a oseta Fátima[3]. De carácter etnográfico é Osoba que escribiu en ruso e que dá interesantes informacións da vida cotiá e do carácter dos osetos. As súas obras foron fundamentais para a literatura oseta e está considerado o poeta nacional e o fundador da lingua literaria oseta[4].

Pintura[editar | editar a fonte]

Khetagurov está considerado o primeiro pintor oseto[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Localidade de Karachay-Cherkessia que leva oficialmente o nome do propio escritor, Kosta Khetagurov, malia que o seu nome oseto siga a ser o de Labæ
  2. Abaev, V.I. (1990). "Osetinskij narodnyj poet Kosta Ketagurov" in: Abaev, V.I. Izbrannye trudy, t. 1, Religija, folklor, literatura (otvetstvennyj redaktor i sostavitel’ V.M. Gusalov). Vladikavkaz: Ir. pp. 548
  3. Rebecca Ruth (2016) Writers and Rebels: The Literature of Insurgency in the Caucasus. Yale University Press, p. 250
  4. "Ossetic language" Encyclopædia Britannica
  5. "Хетагуров" in Горкина А.П. (2006) Литература и язык. Современная иллюстрированная энциклопедия. Под редакцией проф.