Kosmos 31

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 31
TipoDemostrador tecnolóxico / observatorio espacial
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento6 de xuño de 1964, 2:50 GMT[1][2][3]
Foguete portadorKosmos[2][4]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónProba de sistemas de orientación eléctrica no espazo e observación de raios cósmicos.[2]
Decaemento20 de outubro de 1964[1]
NSSDC ID1964-028A
Masa325 kg[2][5]

Kosmos 31 (Космос 31 en ruso), tamén denominado DS-MT N°2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 6 de xuño de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 31 foi o segundo satélite da serie DS-MT de tres que se lanzaron, e o primeiro lanzado con éxito. Foi inxectado nunha órbita inicial de 508 km de apoxeo e 228 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 91,7 minutos.[3][5]

O satélite pesaba 325 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas de orientación eléctrica mediante xirodino no espazo, así como facer observacións sobre raios cósmicos.[2][5].

Kosmos 31 reentrou na atmosfera o 20 de outubro de 1964.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 31" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 31" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 30 June 1964 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (64-15051): 2. 8 de xullo de 1964. A/AC.105/INF.071. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-MT" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "DS-MT" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]