Omega (satélites)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kosmos 14»)

Omega foi unha serie de dous satélites artificiais soviéticos lanzados en 1963.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os dous satélites Omega foron demostradores tecnolóxicos para desenvolver a tecnoloxía necesaria para o programa de satélites meteorolóxicos Meteor 1. Os dous satélites tiñan unha masa de 300 kg, estabilizábanse nos tres eixos e alimentábanse mediante dous paneis solares. Probaron tamén sistemas de protección térmicos. Omega 1 (Kosmos 14) foi lanzado o 13 de abril de 1964, mentres que Omega 2 (Kosmos 23) o foi o 13 de decembro dese mesmo ano. Os dous usaron foguetes Kosmos 63S1 para chegar a órbita desde a base de Kapustin Yar.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Omega 1 13 de abril de 1963 Kosmos 63S1 Éxito
Omega 1 13 de decembro de 1963 Kosmos 63S1 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Omega" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Omega" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]