Konstantin Feoktistov
Aparencia
Konstantin Petrovich Feoktistov (Константин Петрович Феоктистов en ruso), nado en Voronezh o 27 de febreiro de 1926 e finado o 21 de novembro de 2009, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Voskhod 1.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras participar na segunda guerra mundial, Feoktistov graduouse na Escola Técnica Superior Bauman de Moscova en 1949. En 1964 participou na primeira misión tripulada con varios compoñentes a bordo, a Voskhod 1, na que pasou pouco máis dun día no espazo. Douturouse en física en 1967 e foi deseñador xefe de naves tripuladas baixo o mando de Korolev. Máis tarde exerceu de profesor ata a súa xubilación. Un cráter lunar leva o seu nome.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Feoktistov, Konstantin Petrovich" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Konstantin Feoktistov ![]() |