Kono Yasui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKono Yasui

(1948) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1880 Editar o valor em Wikidata
Prefectura de Kagawa, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1971 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Bunkyō, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Ochanomizu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmestra , bióloga , botánica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Ochanomizu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaYasui Editar o valor em Wikidata
Premios

Kono Yasui (en xaponés: 保井 コノ) nada na Prefectura de Kagawa (Xapón) o 16 de febreiro de 1880 e finada en Bunkyō o 24 de marzo de 1971, foi unha bióloga celular e bioquímica xaponesa. En 1927, converteuse na primeira muller xaponesa en doutorarse en ciencias.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Yasui naceu na prefectura de Kagawa en 1880. Graduada pola Kagawa Prefecture Normal School en 1898 e pola División de Ciencias na Women' s Higher Normal School en 1902. Foi mestra na Gifu Girls' Higher School e na Kanda Girls' School ata 1905, ano no que o curso de posgrao estableceuse na Women' s Higher Normal School. Foi a primeira muller en ingresar no curso cunha especialización en investigación científica; enfocouse en zooloxía e botánica. Publicou un artigo sobre o aparello weberiano das carpas na revista científica Zoological Science en 1905, converténdose na primeira muller en publicar na devandita revista. A súa investigación sobre o fento acuático, Salvinia natans, foi publicada no Journal of Plant Sciences e na revista británica Annals of Botany, sendo a primeira publicación dunha investigación realizada por unha muller xaponesa nunha revista estranxeira. Completou o programa de posgrao na Women' s Higher Normal School en 1907 e converteuse en profesora asistente na mesma escola.[3]

Cando Yasui solicitou ao Ministerio de Educación xaponés que quería estudar no estranxeiro, só permitíuselle facelo coa condición de que cursase unha "investigación de economía doméstica" xunto coa súa investigación científica, na súa solicitude e que comprometese a súa vida á investigación sen casar.[4] Viaxou a Alemaña e os Estados Unidos en 1914 para realizar investigacións de bioloxía celular na Universidade de Chicago.[5] Tamén estivo na Universidade de Harvard en 1915, onde realizou investigacións sobre o carbón co profesor EC Jeffrey. Regresou ao Xapón en xuño de 1916 e continuou a investigación do carbón na Universidade Imperial de Toquio (agora Universidade de Toquio) ata 1927. Foi profesora de xenética e bioloxía celular na Escola Normal Superior de Mulleres de Toquio de 1918 a 1939.[5] Rematou a súa tese de doutoramento, "Estudos sobre a estrutura do lignito, do carbón escuro e do carbón bituminoso en Xapón", en 1927, converténdoa na primeira muller do Xapón en completar un doutoramento en ciencias.[4]

En 1929, Yasui fundou a revista de citoloxía Cytologia. A partir de 1924, investigou a xenética das papoulas, o millo e as especies de Tradescantia, e en 1945 comezou un estudo das plantas que foran afectadas pola precipitación radioactiva tras os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki.[5] Cando a Universidade de Ochanomizu foi establecida co seu nome actual en 1949, Yasui foi nomeada profesora. Xubilouse en 1952, converténdose en profesora emérita.[5] En 1957 xa publicara un total de 99 artigos científicos.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1955, foi galardoada cunha Medalla de Honra do Xapón con Cinta Roxa e en 1965 recibiu a Orde da Coroa Preciosa de Terceira Clase.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kono Yasui, una pionera en genética que rompió barreras de género en su país | Vidas científicas" (en castelán). 2021-05-05. Consultado o 2021-05-08. 
  2. 2,0 2,1 "Yasui, Kono (1880–1971)". 1 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2018. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  3. McNeill, Leila. "How a Pioneering Botanist Broke Down Japan’s Gender Barriers" (en inglés). Consultado o 2021-05-08. 
  4. 4,0 4,1 "Kono Yasui |Ochanomizu University Digital Archives" (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Haines 2001, p. 339.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]