Koili Devi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Koili Devi
Nacemento1 de xaneiro de 1929
Falecemento21 de decembro de 2007
Lugar de falecementoKatmandú
NacionalidadeNepal
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Koili Devi Mathema, nada como Radha Basnet en Chisapani Gadi ca. 1929 e finada en Kathmandú o 21 de decembro de 2007, foi unha cantante e compositora nepalí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Nilam e Rambahadur Basnet naceu nunha pequena localidade do distrito de Makwanpur. Quedou orfa de nai con só un ano de idade e con cinco foi vivir cunta tía paterna. Cando tiña once anos, coa axuda da súa tía, entrou no palacio do primeiro ministro Singh Sumsher como axudante. Sumsher deulle o sobrenome koili despois de escoitar a súa voz melodiosa, e ela adoptou o nome [1].

Adoitaba cantar e bailar no palacio de Singha Durbar pero tras a revolución de 1951 que derrocou á dinastía Rana como primeiros ministros hereditarios comezou unha carreira como cantante pola súa conta, foi a primeira muller[2] en entrar na industria musical nepalí e fíxose coñecida como cantante, e a primeira compositora[1], de Radio Nepal, que emitiu a súa primeira canción, "Sansarko jhamela lagdacha kya yo mela", e onde traballou durante 44 anos. Compuxo e cantou máis de 4.000 temas[3], incluíndo cancións modernas e patrióticas. Gravou o seu primeiro álbum Chitta Nirantar con 71 anos e o segundo, Hajurali, con 74[1].

Recibiu numerosos premios nacionais, como o premio á mellor cantante de Radio Nepal, o Subha Rayabhisek Padak, o Gorkha Dakshin Bahu V ou o Chinnalata. Entre as súas cancións máis populares están "Jahi ra juhi phul mala gansi duwaile launla" e "Jindagi bhari nachuttine gari saino jodaunla" [3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Koili Devi, singer with the cuckoo voice". Boss Nepal. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2020. 
  2. Subhash Ram Prajapati (2018). Traditional, Folk, Fusion, and conFusion: Music and Change in the Newar Communities of Nepal. A dissertation submitted in partial fulfillment of the requirements for the degree of Doctor of Philosophy. University of Washington. p. 49. 
  3. 3,0 3,1 "Singing Legend Koili Devi Dies ata 78". The Himalanyan Times. 22 de decembro de 2007.