Saltar ao contido

Košarkaški centar Dražen Petrović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Košarkaški centar Dražen Petrović

Tipoestrutura arquitectónica e edificio Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 45°48′09″N 15°57′48″L / 45.8026, 15.9633
EstadoCroacia
CidadeZagreb Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCroacia Zagreb, Croacia
Datas
Inauguración1987
Acontecementos
Dimensións
Capacidade5 400 espectadores
Persoas e organizacións
PropietarioZagreb Editar o valor en Wikidata
OcupanteKK Cibona Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LocalíaKK Cibona (A1 Liga)
Wikidata ]

O Košarkaški centar Dražen Petrović (tamén en croata Dvorana Dražen Petrović) é un pavillón deportivo cuberto situado en Zagreb, Croacia. É a cancha onde xoga os seus partidos como local o club de baloncesto profesional KK Cibona. Ten capacidade para 5.400 espectadores.

O pavillón foi construído en 1987, coñecido entón co nome de Cibona Sports Center. En 1993 cambiou ao nome coma homenaxe ao lendario xogador croata de baloncesto de Europa e a NBA, membro do Basketball Hall of Fame, Dražen Petrović. Petrović, que xogou no Cibona Zagreb, morrera ese mesmo ano, con tan só vinte e oito anos, anos nun accidente de tráfico, na metade da súa carreira.

O cardeal Franjo Kuharić organizou o primeiro Concerto de Nadal en Cibona en 1989, celebrándose dende aquela anualmente.[1] O pavillón tamén foi escenario de moitos concertos, destacando grupos coma, Pink, Nightwish, Pain, Muse, Bryan Ferry, James Brown, Boney M, Seal, Joe Cocker, Simple Minds, José Carreras, Michael Bolton, Diana Krall ou Pet Shop Boys.

  1. "Tereza i Thompson obradovali narod". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2009. Consultado o 25 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]