Saltar ao contido

Knowing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Knowing
Ficha técnica
Título orixinalKnowing
DirectorAlex Proyas
ProdutorTodd Black
Jason Blumenthal
Steve Tisch
GuiónRyne Douglas Pearson
Juliet Snowden
Stiles White
IntérpretesNicolas Cage
Chandler Canterbury
Rose Byrne
Lara Robinson
Ben Mendelsohn
Nadia Townsend
MúsicaMarco Beltrami
MontaxeRichard Learoyd
DistribuidoraSummit Entertainment
Estrea 20 de marzo de 2009
Duración116 min
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento50 millóns de dólares
Na rede
http://knowing-themovie.com/
IMDB: tt0448011 Filmaffinity: 391856 Allocine: 59827 Rottentomatoes: m/knowing Mojo: knowing Allmovie: v426822 Metacritic: movie/knowing TV.com: movies/knowing Netlix: 70095135 Editar o valor en Wikidata

Knowing é un filme de ficción científica estreado en 2009, dirixido por Alex Proyas e protagonizado por Nicolas Cage.

Argumento

[editar | editar a fonte]

No ano 1959, durante a inauguración dun novo colexio, unha profesora pide aos seus alumnos que imaxinen como sería o futuro en 50 anos, a idea é dunha nena chamada Lucinda. Os estudantes gardan nunha cápsula do tempo moitos debuxos, mentres que Lucinda só escribe unha serie de números sen sentido aparente. Ese mesmo día Lucinda extravíase e é atopada nun armario garabateando coas unllas unha secuencia de números.

Cincuenta anos despois, no 2009, a cápsula do tempo é desenterrada e Caleb recibe a misteriosa nota de Lucinda. Caleb é un neno que ten problemas auditivos, fillo de John Koestler (Nicolas Cage), un profesor de astrofísica viúvo.

John descobre enseguida que eses números teñen un sentido secuencial e agochan certas predicións, algunhas delas de sucesos xa ocorridos. Mentres isto ocorre, Caleb recibe estraños murmurios mentais e un estraño individuo faille garda fóra da casa.

Entre estas secuencias descobre accidentes catastróficos xa sucedidos en que o número de mortos coincide coa parte final da secuencia, e outros por suceder. Ao descubrir que a parte sen descifrar das secuencias corresponde ás coordenadas GPS dos lugares, presencia un terrible accidente aéreo cun número de mortos igual á secuencia, e posteriormente un desastre no Metro con outro número de falecidos coincidente coa secuencia seguinte. O misterio é que as secuencias terminan cunha secuencia non descifrable, despois do accidente de Metro.

Contactan coa única filla de Lucinda, Diana Wayland (Rose Byrne) quen ten unha filla da mesma idade que Caleb, chamada Abby. Diana ao principio rexeita o ofrecemento de John Koestler pero o accidente do Metro faina recapacitar xa que Abby tamén recibe estraños murmurios xunto a Caleb.

A última secuencia non descifrable é un desastre solar de magnitudes cataclísmicas, e John Koestler verifica mediante medicións do observatorio que a secuencia é verídica e que as temperaturas chegarían aos 400 graos Celsius nunhas poucas horas.

Descobren que a parte final da secuencia corresponde coa localización da casa prefabricada onde morreu Lucinda e diríxense a ela. No camiño, ademais da morte de Diana en accidente de tráfico, Caleb e Abby son aparentemente secuestrados en dúas ocasións por uns suxeitos pálidos e louros.

Finalmente os nenos son tomados das mans polos suxeitos estraños, que resultan ser extraterrestres e levan aos nenos nunha nave. Cando as naves dos extraterrestres se elevan ao ceo, as pedras negras, que anteriormente atoparan na casa prefabricada de Lucinda e que está pisando John, levitan por algunha forza magnética. Cando a nave sae da Terra, outras naves que parten desde distintos puntos do planeta saen á vez.

John regresa á casa dos seus pais, aínda que primeiro recolle á súa irmá. No retorno, o incipiente arrequecemento e desaxuste electromagnético comeza a xerar unha especie de aurora boreal no ceo. Cando chega á cidade dáse conta que a xente está totalmente desesperada cometendo saqueos, alboroto etc. Ao chegar á casa dos seus pais, abrázanse os catro no momento en que a Terra é varrida por unha vaga de lume de dimensións planetarias que se estende coincidindo co amencer e a exposición ao Sol.

A escena final mostra a Caleb e Abby sendo deixados pola nave nun novo planeta deshabitado, cuberto dunha herba dourada. Visten con roupa de liño e corren no campo, mentres no horizonte vese que ao lonxe hai máis naves volvendo ao espazo. A escena termina cun plano afastado deles correndo e a unha curta distancia dunha solitaria árbore branca.

Elenco de actores

[editar | editar a fonte]