Klyuchevskaya Sopka
| (ru) Ключевская Сопка | ||||
| Tipo | montaña volcán | |||
|---|---|---|---|---|
| Localizado na área protexida | Klyuchevskoy natural park (en) | |||
| Localización | ||||
| Continente | Asia | |||
| División administrativa | Ust-Kamchatsky District, Rusia (en) | |||
| ||||
| Cordilleira | Klyuchevskaya Volcanic Group (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 4.800 m | |||
| Prominencia topográfica | 1.750 m | |||
| Illamento topográfico | 2.748 km | |||
| Material ou ingrediente | Andesita | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| 1788 | primeira ascensión | |||
O Kliuchevskoi, ou Klyuchevskaya Sopka (ruso: Ключевска́я со́пка), é un estratovolcán basáltico situado preto da costa sueste da península de Kamchatka, na Siberia Oriental, Rusia. É o punto máis elevado do krai de Kamchatka. O Kliuchevskoi é tamén o máis elevado e activo dunha cadea de volcáns da zona de Kamchatka. Formouse fai uns 6000 anos, e desde entón produciu frecuentes erupcións volcánicas explosivas e efusivas, sen grandes intervalos de inactividade. Nos últimos 3000 anos producíronse máis de 100 erupcións, con numerosos conos e cráteres. Pero a maioría das erupcións orixináronse no cráter do cumio, de 700 metros de ancho, formámdose unha e outra vez polas capas dos propios materiais piroclásticos e as coadas de lava que expulsa.
Algúns pobos indíxenas consideran que o Kliuchevskoi é sacro, xa que o ven como o lugar no que se creou o mundo. Outros volcáns da rexión vense cun significado espiritual similar, mais o Kliuchevskoi é o máis importante.
Erupcións contemporáneas
[editar | editar a fonte]

O 15 de setembro de 1994, o volcán entrou en erupción emitindo unha columna de cinza e gases que acadou os 2 quilómetros de altitude. Durante as dúas semanas seguintes seguiu activo, até que o 1 de outubro formouse unha nube de cinza que chegou aos 18 quilómetros por riba do volcán. Mentres expulsaba cinza, ríos de lava baixaban polas súas ladeiras. Afortunadamente, poucas persoas viven preto do Kliuchevskoi, polo que o risco foi mínimo e a maior parte da cinza caeu sobre o mar.
O 30 de xullo de 2025 volvía entrar en erupción pouco despois de producirse un terremoto de 8.8 na escala sismolóxica de magnitude de momento (Mw) e subsecuente tsunami que azoutou o Pacífico oriental.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entra en erupción el volcán Kliuchevskoi de Rusia tras el fuerte terremoto de magnitud 8.8". EuropaPress. Consultado o 26 de febreiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Klyuchevskaya Sopka |
