Klaus Kinski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Klaus Kinski
Klaus Kinski Cannes.jpg
Nome completoKlaus Günter Karl Nakszynski
Nacemento18 de outubro de 1926
LugarSopot
Falecemento23 de novembro de 1991
LugarLagunitas-Forest Knolls e Estados Unidos de América
Causacardiopatía e infarto agudo de miocardio
NacionalidadeAlemaña
FillosPola Kinski, Nastassja Kinski e Nikolai Kinski
Profesiónguionista, actor de cinema, actor de teatro e director de cinema
Na rede
http://www.kinski.de
IMDB: nm0001428 Allocine: 202 Rottentomatoes: celebrity/kinski Allmovie: p38429
Musicbrainz: 7f4a4886-a78c-417c-b321-0c5f091a0c26 Songkick: 340772 Discogs: 77022 Find a Grave: 6806287 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Plaque at Klaus Kinski's birthplace in Sopot 3.jpg

Nikolaus Günther Nakszynski, coñecido como Klaus Kinski, nado en Sopot, Gdansk, o 18 de outubro de 1926 e finado en Lagunitas (California) o 23 de novembro de 1991, foi un actor alemán famoso pola súa contundencia e expresividade diante das cámaras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era un farmacéutico chamado Bruno Nakszyński e a súa nai unha ama de casa chamada Susanne Lutze. Con catro anos a familia trasladouse de Danzig a Berlín. Coa explosión da segunda guerra mundial uniuse ó exército alemán e foi destinado aos Países Baixos, onde cau prisioneiro de guerra polos británicos. Pasou a maior parte da guerra naquel campo e foi alí onde descubriu o seu talento para a interpretación, actuando para os demais presos.

Rematada a contenda, regresou á súa Alemaña natal e comezou a actuar en pequenos papeis para o teatro, aínda que se decantaría pola gran pantalla onde estaba mellor remunerado economicamente. Pese a que nun primeiro momento aceptase pequenos papeis a súa grande oportunidade chegou da man do director Werner Herzog para a película Aguirre, der Zorn Gottes (1971) onde daba vida a un explorador español lunático e obsesivo na procura de El Dorado. Daquela colaboración xurdiu unha relación entre Werner e Kinski que remataría quince anos despois coa película Cobra Verde (1987) debido ás numerosas discusións e tensións entrambos. Pese a todo, algunhas das películas en común como Aguirre, a cólera de Deus, Woyzcek, Nosferatu, a pantasma da noite e Fitzcarraldo son consideradas polos críticos coma obras mestras do cine europeo.

Logo de romper a relación con Werner, asumiu a dirección e interpretación na película biográfica Paganini (1989).

Tres anos despois morrería dun ataque ó corazón ós 65 anos e ninguén salvo o seu fillo Nanhoï acudiu ó funeral e ó esparexemento das súas cinzas.

Fóra das pantallas era considerado un maníaco sexual, violento e temperamental [Cómpre referencia] aínda que un traballador nato e moi perfeccionista co seu traballo. Casou tres veces e ten recoñecidos cinco fillos, tres deles actores na actualidade.

Citas[editar | editar a fonte]

Véndome polo prezo máis alto. Así é. Coma unha prostituta.
Un só debería ser xulgado polas súas depravacións. As virtudes son falsas. As depravacións reais.
Eu sería mellor que Adolf Hitler. Podería facer chegar os seus discursos moito mellor. Iso é certo.
Non son o Xesús da igrexa oficial tolerado polo poder. Non son a túa superestrela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]