Kiwi (xentilicio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kiwi é o apelativo empregado internacionalmente para se referir aos habitantes de Nova Zelandia. Este termo é tamén empregado habitualmente por eles mesmos. O nome deriva dun paxaro sen ás, tamén chamado Kiwi, do xénero Apteryx e nativo do arquipélago.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros neozelandeses amplamente coñecidos coma kiwis foron os militares[2]. A ave é o símbolo de tódolos rexementos do país, incluíndo os que participaron na Segunda Guerra Bóer e mais os que loitaron xunto co exército de Australia na Segunda Guerra Mundial. Logo da guerra, o termo estendeuse e pasou a atribuíuse gradualmente a toda a poboación.

Notas[editar | editar a fonte]