Saltar ao contido

Kittie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kittie
Imaxe
(2010)
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1996 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1996 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF145368275 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000110911711 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01_l7n Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm2203251 Facebook: kittiepage Twitter: officialkittie Instagram: officialkittie MySpace: officialkittie Youtube: UCNdVE1GB5gkqWwDcqZdillA Spotify: 0ImEDe9tW5n4pxHOK39zIc Apple Music: 5576674 Last fm: kittie Musicbrainz: 7677be48-16e9-4c84-9365-a69dd6f2df55 Songkick: 453503 Discogs: 255484 Allmusic: mn0000097491 Deezer: 2024 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Kittie (estilizado como KiTTiE) é unha banda canadense de heavy metal formada en London, Ontario en 1996. Ata a data leva publicados seis álbums de estudio, un videoálbum, catro EPs, trece sinxelos, e trece vídeos musicais. O grupo escolleu "Kittie" xa que o nome "semellaba contradictorio".[1]

Kittie naceu en 1996 cando Fallon Bowman e Mercedes Lander se coñecéronse en clase de ximnasia. Morgan Lander converteuse na voz principal e nunha das guitarristas de Kittie, e Tanya Candler completou a banda tocando o baixo. Tras asinar co selo NG Records Kittie publicou o seu álbum de estrea, Spit, que foi certificado ouro pola RIAA, vendendo máis de 600 000 copias nos Estados Unidos. A banda publicou Oracle en 2001 e Until the End en 2004. No ano 2005 Kittie deixou Artemis Records e creou o seu propio selo, X of Infamy. No ano 2007 editou o seu cuarto álbum, Funeral for Yesterday, e en 2009 fichou por E1 Music. A banda publicou In the Black en 2009 e I've Failed You in 2011.[2] En 2014 Kittie realizou un documental, titulado Kittie: Origins/Evolutions, polo 20 aniversario da banda.[3]

Kittie foi categorizada en moitos xéneros da música rock, especialmente en xéneros de heavy metal, como death metal, nu metal e metal alternativo. Comezou sendo unha banda de nu metal e foi incorporando elementos doutros xéneros como black metal e death metal.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Spit 2000 Artemis Records
Oracle 2001 Artemis Records
Until the End 2004 Artemis Records
Funeral for Yesterday 2007 X of Infamy
In the Black 2009 eOne
I've Failed You 2011 eOne
  1. Hannaham, James (xaneiro de 2002). "Underage Against the Machine". Spin 18 (1): 25–25. ISSN 0886-3032.
  2. "Kittie". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-27.
  3. Blabbermouth (2018-01-09). "KITTIE's Career-Spanning Documentary 'Origins/Evolutions' To Arrive In March". BLABBERMOUTH.NET. Consultado o 2019-11-27.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]