Kito-ryu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kito-ryu
Kito-ryu.svg
Información xeral
Técnica principal Jujitsu
Técnica secundaria Bojutsu
Kenjutsu
Grafia
Tradución Escola do ascenso e da baixada
relación con outras artes marciais
Descendente Aikido
Judo

O nome Kito-ryu (en xaponés: 起倒流, Kitō-ryū, escola do ascenso e da baixada) refírese a unha escola tradicional de arte marcial xaponesa (koryu), creada aproximadamente en 1639 por Toshifusa Ibaragi (俊房茨木 Ibaragi Toshifusa?), na cal se estudan e practican varias modalidades de combate, con e sen armas: Kenjutsu e Iaijutsu, Bojutsu, Kusarigamajutsu e Jujutsu.[1] O seu programa de técnicas de loita sen armas comprende técnicas de pancadas (atemi waza), proxeccións (nage waza), luxacións (kansetsu waza) e estrangulamento (shime waza). Tamén son ensinadas técnicas de meditación e manexo da enerxía ki.[2][3]

A escola, ao longo do tempo, foise transformando dunha escola en que se estudaban técnicas de loita noutra, que se preocupaba máis co desenvolvemento mental do practicante, por medio da práctica de técnicas de loita. Co tempo, pasou a relevar a forma de combate sen armas. Un dos resultados dese proceso de transformación foi a escola Kito-ryu terse tornado nunha das vellas escolas de artes marciais máis influentes, pois dela xurdiron directamente o judo e o aikido: os mestres Jigoro Kano e Morihei Ueshiba, creadores respectivamente do judo e do aikido, estudaron Kito-ryu, e os seus principios de uso da forza do opoñente como instrumento de loita poden ser facilmente observados nesas dúas escolas máis novas.

Historia[editar | editar a fonte]

Non é posíbel apuntar o exacto momento en que naceu o koryu Kito-ryu, pois a historia do seu xurdimento é puntuada por moitos contos e lendas, o que dificulta sobremaneira o proceso de busca. Non obstante, hai algúns relatos que apuntan unha probábel orixe.[4]

O creador da escola seria Sensai Toshifusa Ibaragi, que foi alumno do samurai Shichirouemon Masakatsu Fukuno. Ibaragi, alén doutras cousas, era un pescudador das artes marciais. Fukuno e Ibaragi eran próximos e compartían o interese polas técnicas de combate, lo que levou Fukuno a colaborar moito para co desenvolvemento e os estudos de seu aluno.

Porén, recuando un pouco no tempo, sábese que a orixe da escola pode ser máis ou menos apuntada nas mans de Ibaragi, coas súas raíces localizadas algún tempo antes. Nese contexto, sábese tamén que Fukuno foi alumno das escolas Yagyu Shinkage-ryu, do sensei Sekishusai Yagyu, e Tenshin-ryu, do sensei Heizaemon Yasusada Terada[a]. Fukuno foi tamén o creador dun estilo propio, o Ryoi Shinto-ryu (Fukuno-ryu).[5]

Liñaxe
Antecedentes
Chin Genpin
Shichirouemon Fukuno
Creador
Sensai Toshifusa Ibaragi
Mestres
Heizaemon Terada
Hachizaemon Terada
Kanemon Terada
Hyosuke Yoshimura
Sagoemon Hotta
Senemon Takino
Tetsunosuke Takenaka
Nagato Kuki

Recuando aínda máis, chégase até a figura de Chin Genpin, un ex-dignitario chinés que se estabeleceu no Xapón ao redor de 1638, para escapar de eventuais represalias por parte do goberno continental. Genpin era tamén un poeta e un estudoso e experto en artes marciais, que dominaba métodos de deter un contrario da arte chamada en chinés de wushu ou chuan fa (kenpo, en xaponés). Durante o período en que viviu no Xapón, Genpin ensinou as súas técnicas para tres ronin, sendo un deles Shichirouemon Fukuno.

Cada un a seu tempo, os mestres Ibaragi e Fukuno adestraron e influenciaron un o traballo do outro. O mestre Ibaragi compilou todas as súas influencias, creando o seu propio estilo, o cal chamou de Mirade Kito-ryu, sendo este baseado en tres aspectos distinguidos e complementarios: harmonía, golpes e racionalidade. Todo ese coñecemento foi ensinado a Hachizaemon Yoroshige Terada, que adestrou co seu irmán máis vello, Heizaemon Yasusada Terada, e cos mestres Fukuno e Ibaragi. Nesa época, a denominación do estilo foi cambiada para Kito-ryu naturalmente.[6]

Non se pode esquecer que o mestre Fukuno e Ibaragi tiveron outros seguidores, porén a liñaxe máis forte acabou ficando cos Terada, sendo o herdeiro do estilo Kanemon Masashige Terada, que era fillo de Hachizaemon, probabelmente. Kanemon era un samurai so o dominio do Daimyo Kyogoku, moi próximo ao shogunato Tokugawa. El tamén era apaixonado polas artes marciais e pola súa pescuda, o que o fixo deixar a súa propia marca, resultado dos seus estudos, que incluían material dos clásicos chineses e Confucianismo e tamén Zen. Con todas esas influencias, el creou unha escola, que chamou de "Jiki Shinyo-ryu Judo" ou "Jikishin-ryu Judo"[b] e creou tamén un principio, que chamou de Muhyoshi, ou sen ritmo, expreso en 14 técnicas que usaban primordialmente o concepto de ki e de máis 7 variacións, quere dicir, 14 técnicas omote e 7 técnicas ura.[7]

Nesa época, no comezo do século XVII, o Kito-ryu pasou a ser unha escola que ensinaba basicamente técnicas de loita sen armas, aínda que restasen técnicas que deberían ser practicadas con armaduras ou con espadas. O mestre Terada tivo como alumno Heisuke Sukenaga Yoshimura, e este á súa vez tivo como alumnos a Senemon Sadataka Yuken Takino e Sagoemon Yoritsune Hotta.

Sagoemon Hotta destacouse polas súas habilidades e creou sete outros novos elementos de exercicios para a escola. Eventualmente, envolveuse nunha intriga na cal 11 de seus alumnos foron parte activa, o que lle causou prexuízos perante a sociedade da época, do século XVIII. Calquera que fose o caso, Hotta acabou por se afastar dos planos de vinganza por seu vello señor. Algúns sustentan a tese de que Hotta, xulgando que podería perecer no acto de vinganza, talvez tivese se afastado, para non deixar extinguir xunto con el os seus coñecementos de artes marciais, que el nomeaba Kito Jujutsu Shiyu Myojutsu.

Quen sucedeu Hotta como mestre destacado da liñaxe foi Yuken Takino (Tamba, 1695), que era moi habilidoso e acabou por causar boa impresión no mestre Sagoemon Hotta, sendo acepto como seu alumno.

Takino destacouse nos adestramentos e callou de recibir do seu mestre a licenza para ensinar, sendo tamén recomendado para asumir un posto de instrutor na corte imperial, onde permaneceu por case vinte anos, ata 1744, cando se retirou.[6]

Técnicas[editar | editar a fonte]

O estilo desde a súa orixe baséase en tres principios: aiki, ou harmonía, polo cal debe entrar en sintonía co movemento e a enerxía do contrario; kenpo (tamén denominado de atemi waza), ou golpeo, que é o uso intelixente do corpo do opoñente, mediante a aplicación de golpes certeiros nos puntos de enerxía e non en calquera parte; e ju no ri, suavidade ou racionalidade, que é utilizar a masa corporal do opoñente contra el mesmo. Alén deses, hai os principios kuzushi no ri, lóxica do desequilibrio, e shizentai no ri, adaptación sen unha postura fixa.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

a. Unha teoría di que o estilo Tenshin-ryu foi resultado e evolución do estilo Kito-ryu, do tempo en que Heizaemon Terada adestrou con Shichirouemon Masakatsu Fukuno.
b. O termo "Judo" foi usado por Kanemon para definir un tipo de arte marcial que non tiña por finalidade matar o opoñente. Foi a primeira vez que o termo foi usado.
  1. Shuntoshutokai Kobudo study group (ed.). "Ryuha by name History 2" (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2014. 
  2. "Alle origini del JUDO: Kito Ryu – Koshiki no Kata ( lett. tecnica delle forme antiche )" (PDF) (en italiano). Consultado o 10 de marzo de 2014. 
  3. Cody, Mark Edward (2008). AuthorHouse, ed. Wado Ryu Karate/Jujutsu (en inglés). Bloomington. 
  4. Yoshinori Kono (1996). Aikido Journal, ed. "Famous Budoka of Japan: Ukei Kato and Kito-ryu Jujutsu" (en inglés). Consultado o 2 de abril de 2014. 
  5. "Escuelas Influyentes. El Tai Jitsu: KITO RYU" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2014. 
  6. 6,0 6,1 Serge Mol. "Classical Fighting Arts of Japan" (PDf) (en inglés). Consultado o 2 de abril de 2014. 
  7. Ueshiba, Kisshomaru (2008). Kodansha, ed. A Life in Aikido: The Biography of Founder Morihei Ueshiba (en inglés). Toquio. 
  8. "Aiki Principle Of The Old System: Kito Ryu" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2014. 
  9. "Jujutsu and its Modernisation" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2014.