Saltar ao contido

Kitarō Nishida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKitarō Nishida

(1943) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1870 Editar o valor en Wikidata
Kahoku Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Kamakura Editar o valor en Wikidata
Causa da morteuremia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTōkei-ji Editar o valor en Wikidata
RelixiónZen xaponés Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Imperial de Tokyo
Fourth Higher School (en) Traducir
Ishikawa Normal School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, filósofo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Kyoto
Fourth Higher School (en) Traducir
Kyoto College of Technology (en) Traducir
Universidade Ōtani
Taisho University (en) Traducir
Yamaguchi Higher School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Imperial Academy (en) Traducir (1927–) Editar o valor en Wikidata
Interesado enPhilosopher's Walk (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoEscola de Kyoto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHōjō Tokiyuki (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesTakezō Kaneko, xenro
Fumi Takahashi, sobriña Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1048947

Kitarō Nishida (西田 幾多郎, Nishida Kitarō?), nado o 19 de maio de 1870 e finado o 7 de xuño de 1945, foi un filósofo e estudoso da relixión xaponés, especializado nos eidos da ética, a filosofía das matemáticas e a filosofía da ciencia. Fundou a chamada Escola de Kyōto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kitarō Nishida naceu o 19 de maio de 1870 en Unokema (actual Kahoku), na prefectura de Ishikawa. Graduouse en Filosofía pola Universidade de Tōkyō en 1894, durante o período Meiji. Comezou a traballar nunha escola de Ishikawa en 1899, para despois obter un posto de profesor na Universidade de Kyōto. Xubilouse en 1927. En 1940 recibiu a Orde da Cultura do goberno nipón. Nese mesmo ano, participou na fundación do Instituto Tecnolóxico de Chiba.

Nishida finou aos 75 anos a causa dunha infección renal, na cidade de Kamakura (prefectura de Kanagawa). As súas cinzas repartíronse en tres lugares distintos: na tumba familiar da súa localidade natal; no templo Tōkei-ji de Kamakura, onde despois descansarían os restos do seu amigo D. T. Suzuki, quen organizou a súa cerimonia funeraria; e no templo Reiun'in do complexo Myōshin-ji de Kyōto.[1]

Filosofía

[editar | editar a fonte]

Nado durante o período Meiji, Nishida tivo unha oportunidade única para explorar a filosofía oriental dende o prisma da nova filosofía chegada de Occidente. Neste sentido, o seu pensamento é orixinal e creativo, incorporando ideas tanto do zen como da filosofía europea. Ao longo da súa vida, escribiu numerosos libros e ensaios, entre os que destacan Zen no kenkyū (en galego: Unha investigación sobre o ben) e Bashoteki ronri to shūkyōteki sekaikan (en galego: A lóxica do lugar e a Weltanschauung relixiosa). En xeral, o traballo de Nishida estableceu a base sobre a que fundou a Escola de Kyōto, inspirando as investigacións dos seus discípulos.

Un dos conceptos máis coñecidos de Nishida é a lóxica do basho (場所?), normalmente traducido como "lugar". Esta lóxica é concreta e non dualista, e o seu obxecto é superar a inadecuada distinción entre suxeito e obxecto que é consubstancial á lóxica do suxeito de Aristóteles e á lóxica de predicados de Immanuel Kant. Isto lógrase mediante a afirmación do que o filósofo chama "a autoidentidade absolutamente contraditoria", unha tensión dinámica que opostos que, a diferenza da lóxica dialéctica de G. W. F. Hegel, non se resolve nunha síntese. Ao contrario, define o seu suxeito adecuado mantendo a tensión entre afirmación e negación como polos opostos ou perspectivas.

Na súa primeira obra, Zen to kenkyū, Nishida escribe sobre a experiencia, a realidade, o ben e a relixión. Defende que a forma máis fonda de experiencia é o que el chama "experiencia pura", caracterizada pola harmonía e unidade con todo.

  1. Yusa 2002, p. 337.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Yusa, Michiko (2002). Zen & Philosophy: An Intellectual Biography of Nishida Kitaro (en inglés). University of Hawai'i Press. ISBN 9780824824594.