Kinda
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Östergötland | ||||
| Capital | Kisa (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 9.924 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.301,96 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1974 | ||||
| Sitio web | kinda.se | ||||
Kinda é un concello sueco (kommun) do condado de Östergötland.[1] A súa capital é Kisa. No ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 957 habitantes.[2]
O concello está formado principalmente por unha paisaxe de val de fractura con grandes elementos de montañas. A zona está dominada por morenas boscosas. A agricultura e a silvicultura, así como as pequenas e medianas industrias e as empresas de servizos dominaban a vida empresarial local a principios da década de 2020.
Dende que se formou o municipio en 1974 o número de habitantes mantívose estable entre 9 762 e 10 635 persoas. Dende as eleccións da década de 2010, o concello foi gobernado por varias coalicións de distintos partidos.
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese ao das parroquias de Horn, Hycklinge, Hägerstad, Kisa, Kättilstad, Oppeby, Tidersrum, Tjärstad e Västra Eneby. Coa reforma municipal de 1862 formáronse nesas parroquias concellos rurais co mesmo nome.
O 15 de abril de 1904 estableceuse a localidade municipal de Kisa no concello rural do mesmo nome.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse na zona tres grandes concellos: Norra Kinda (a partir dos anteriorres concellos rurais de Hägerstad, Kättilstad, Oppeby e Tjärstad), Södra Kinda (a partis de Horn e Hycklinge) e Västra Kinda (de Kisa, Tidersrum e Västra Eneby). Ao mesmo tempo disolveuse a localidade municipal de Kisa .
Coa reforma municipal de 1971 formáronse, a través da reordenación dos anteriores concellos rurais, os municipios de Södra Kinda, Norra Kinda e Västra Kinda, que en 1974 fusionáronse no presente concello de Kinda.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello atópase no sur da provincia histórica de Östergötland. Limita ao oeste cos municipios de Ydre e Boxholm, ao norte co de Linköping, ao nordés co de Åtvidaberg, ao leste co de Västervik, e ao sur co concello de Vimmerby.
Economía e infraestruturas
[editar | editar a fonte]Economía local
[editar | editar a fonte]A principios da década de 2020 a agricultura e a silvicultura, así como industria pequena e mediana e empresas de servizos, dominaban a economái local. Entre as industrias destaca a fábrica de papel de Sofidel Sweden AB, anteriormente Swedish Tissue, e a compañía de electricidade, electrónica e mecánica Rimaster Electrosystem AB. Porén, o maior empregador é o propio concello con 833 traballadores en 2023.[4]
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]A estrada nacional 34 (riksväg 34) atravesa o concello de sur a norte e pasa pola capital do mesmo. A estrada comarcal 134 (länsväg 134) tamén atravesa o municipio, dende suroeste ata o nordés. A länsväg 135 vai pola parte sueste do concello. A liña 84 do tren rexional Krösatågen entre Linköping e Kalmar atravesa Kinda e para nas estacións de Rimforsa e Kisa.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-10-01.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-02-27.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- ↑ "Kinda kommun". www.ekonomifakta.se (en inglés). Consultado o 2025-02-28.
- ↑ "Krösatågen linjekarta" (PDF). Krösatågen. Consultado o 28 de febreiro de 2025.
