Kimiya Yui
Aparencia
Nome orixinal | (ja) 油井亀美也 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de xaneiro de 1970 (54 anos) Nagano, Xapón |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Educación | National Defense Academy of Japan (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta , Air Self-defense Official (en) |
Lingua | Lingua xaponesa |
Carreira militar | |
Rango militar | tenente coronel |
Tempo no espazo | 141 días |
Misión do astronauta | |
Kimiya Yui, nado en Nagano (Xapón) o 30 de xaneiro de 1970, é un astronauta xaponés que formou parte da misión Soiuz TMA-17M e foi membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yui graduouse na escola de ciencia e enxeñaría da Academia de Defensa Nacional do Xapón en 1992, sendo seleccionado como candidato a astronauta pola JAXA en febreiro de 2009, completando o seu adestramento en xullo de 2011. Participou na misión Soiuz TMA-17M e foi membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 141,67 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Yui, Kimiya" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 JAXA (ed.). "YUI Kimiya" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kimiya Yui |