Saltar ao contido

Gardiáns da noite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kimetsu no Yaiba»)

Gardiáns da noite

Tiposerie de manga Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofantasía escura e anime e manga de aventuras Editar o valor en Wikidata
FranquíaDemon Slayer: Kimetsu no Yaiba Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aKoyoharu Gotōge Editar o valor en Wikidata
Temática
Universo ficticiouniverso de Gardiáns da noite Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeXapón Editar o valor en Wikidata
EditorialJump Comics, Panini Comics, Star Comics, Haksan Culture Company, Norma Editorial, Editorial Ivrea e Elex Media Komputindo Editar o valor en Wikidata
Público obxectivoShōnen Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo15 de febreiro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Remate18 de maio de 2020 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Partes23 vols. Editar o valor en Wikidata
Identificadores
OCLC1128044513 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBkimetsu.com Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: kimetsu_off Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Gardiáns da noite (en xaponés: 鬼滅の刃; Kimetsu no Yaiba)[1] é unha serie manga escrita e ilustrada por Koyoharu Gotouge. Foi serializado na revista Shueisha Weekly Shōnen Jump de febreiro de 2016 a maio de 2020, cos seus capítulos recollido en 23 volumes. O manga conta a historia de Tanjiro Kamado un mozo que se esforza por converterse nun cazador de demos despois de que a súa familia fose asasinada e a súa irmá pequena, Nezuko, se converta nun demo.

O manga adaptouse nun anime de 26 episodios producido por Ufotable, que se emitiu de abril a setembro de 2019, e tivo un filme secuela, Kimetsu no Yaiba: Mugen Ressha-hen, estreado en outubro de 2020. A segunda tempada, de 18 episodios, emitiuse de outubro de 2021 a febreiro de 2022, mentres que en febreiro de 2023 estreouse un filme recompilatorio, Kimetsu no Yaiba: Katanakaji no Sato-hen. A terceira tempada de 11 episodios emitiuse de abril a xuño de 2023, mentres que outra película recompilatoria, Kimetsu no Yaiba: Hashira Geiko-hen, estreouse en febreiro de 2024. A cuarta tempada estrearase no segundo trimestre de 2024.

A primeira temporada do anime estreouse dobrada ao galego na tvG2 o 23 de outubro de 2024.[2]

Lista de episodios

[editar | editar a fonte]

Tempada 1

[editar | editar a fonte]
N.º
(serie)
Título en galego
Título orixinal
Director(es) Guionista(s) Data da estrea
1 "Crueldade"
«Zankoku» (en xaponés: 残酷)
Haruo SotozakiHaruo Sotozaki 6 de abril de 2019
Galicia 23 de outubro de 2024

Tanjiro vai á vila para vender carbón e axudar a súa nai. Demórase facendo cousas para os veciños e ten que pasar a noite na casa dun deles. Á mañá seguinte, cando chega á súa casa, encóntrase cunha sorpresa arrepiante. 

2 "Sakonji Urokodaki, o instrutor"
«Sodate Urokodaki Sakonji» (en xaponés: 育手・鱗滝左近次)
Haruo SotozakiHaruo Sotozaki 13 de abril de 2019
Galicia 23 de outubro de 2024

Tanjiro leva ás costas a súa irma ata chegaren a unha mansión na que se encontran cun ser arrepiante. Despois, aparece Sakonji Urokodaki, un misterioso instrutor ó que Tanjiro chega recomendado, co que ten que superar unhas probas. 

3 "Sabito e Makomo"
«Sabito to Makomo» (en xaponés: 錆兎と真菰)
Shin'ya ShimomuraHaruo Sotozaki 20 de abril de 2019
Galicia 23 de outubro de 2024

Despois de poñer a proba a Tanjiro centos de veces, Sakonji Urokodaki decide que non lle pode ensinar máis e déixao só na montaña, onde coñece a Sabito e a Makomo. 

4 "A criba final"
«Saishū Senbetsu» (en xaponés: 最終選別)
Shin'ya ShimomuraToshiyuki Shirai 27 de abril de 2019
Galicia 23 de outubro de 2024

Unha vez superados moitos retos e despois de meses de adestramento cos dous misteriosos cazademos, Tanjiro enfróntase a probas reais nas que está en xogo a súa vida e a posibilidade de devolverlle a súa irmá unha vida normal. 

5 "O meu aceiro"
«Onore no Hagane» (en xaponés: 己の鋼)
Takashi SuharaTakashi Suhara 4 de maio de 2019
Galicia 23 de outubro de 2024

Despois de vencer un súper-demo, danlle unha espada e asígnanlle corvo a cada novo mata-demos. As espadas fórxanse cun mineral que escolle cada un e a espada de Tanjiro é negra. O corvo asígnalle a súa primeira misión como cazador de demos. 

6 "O cazador e o seu demo"
«Oni wo Tsureta Kenshi» (en xaponés: 鬼を連れた剣士)
Jun'ichi MinaminoJun'ichi Minamino 11 de maio de 2019
Galicia 29 de outubro de 2024

Tanjiro e Nezuko vanse da casa de Urokodaki e diríxense a unha vila na que desaparecen mozas e rapazas desde hai tempo. Alí, Tanjiro descobre que lle falta algo e que ás veces necesitará a axuda de Nezuko. 

7 "Muzan Kibutsuji"
«Kibutsuji Muzan» (en xaponés: 鬼舞辻 無慘)
Takahiro Majima e Masashi TakeuchiMasashi Takeuchi 18 de maio de 2019
Galicia 29 de outubro de 2024

Despois de loitaren cun arrepiante monstro demoníaco, Tanjiro e Nezuko comezan a súa viaxe a Tokyo. Cando chegan, a cidade impresiónaos coas súas luces e cores... E é en Tokyo onde Tanjiro ve o malvado que vai buscando. 

8 "Un sedutor recendo a sangue"
«Genwaku no Chi no Kaori» (en xaponés: 幻惑の血の香り)
Hideki HosokawaHaruo Sotozaki 25 de maio de 2019
Galicia 29 de outubro de 2024

Tras o desagradable encontro co demo máis poderoso, Tanjiro salva dúas vidas e coñece unha demoníaca moza con boas intencións, moitos recursos e un axudante que tolea por ela. 

9 "Demo do balón, demo das frechas"
«Temari Oni to Yajirushi Oni» (en xaponés: 手毬鬼と矢印鬼)
Shin'ya ShimomuraHaruo Sotozaki 1 de xuño de 2019
Galicia 29 de outubro de 2024

Tamayo dille a Tanyiro que debe conseguir o sangue de dous demos para tratar de facer unha medicina que lle devolva a Nezuko a súa forma humana... Pero dan con dous demos que venden o seu sangue moi caro. 

10 "Sempre xuntos"
«Zutto Issho ni Iru» (en xaponés: ずっと一緒にいる)
Yūki ItōYoshiaki Kawajiri 8 de xuño de 2019
Galicia 29 de outubro de 2024

Tanjiro e Nazuko teñen que enfrontarse a uns demos moito máis fortes que os que encontraron ata agora. Contan coa axuda de Tamayo e de Yushiro pero, aínda así, o esforzo necesario é moito maior que noutras ocasións. 

11 "A mansión dos tambores"
«Tsuzumi no Yashiki» (en xaponés: 鼓の屋敷)
Shūji MiyaharaToshiyuki Shirai 15 de xuño de 2019
Galicia 5 de novembro de 2024

Zenitsu e Tanjiro chegan a unha mansión onde ven dous rapaces asustados e chorando. 

12 "Zenitsu dorme e o xabaril mostra os seus cabeiros"
«Inoshishi wa Kiba wo Muki, Zenitsu wa Nemuru» (en xaponés: 猪は牙を剥き、善逸は眠る)
Susumu TakeuchiMasashi Takeuchi 22 de xuño de 2019
Galicia 5 de novembro de 2024

Zenitsu, sen ser consciente de que o fai, mostra un aspecto descoñecido del mesmo. 

13 "Algo máis importante cá vida"
«Inochi Yori Daiji-na Mono» (en xaponés: 命より大事なもの)
Yūsuke ShibataHaruo Sotozaki 29 de xuño de 2019
Galicia 5 de novembro de 2024

Dentro da Mansión do Tambor, Tanjiro enfróntase a varios matademos. 

14 "A Casa da Glicinia"
«Fuji no Hana no Kamon no Ie» (en xaponés: 藤の花の家紋の家)
Haruo Sotozaki e Shūji MiyaharaHaruo Sotozaki 6 de xullo de 2019
Galicia 5 de novembro de 2024

Tanjiro, Zenitsu e Inosuke van á Casa da Glicinia, un lugar de descanso para os cazadores de demos. 

15 "O monte Natagumo"
«Natagumo-yama» (en xaponés: 那多蜘蛛山)
Yūki Itō e Shinsuke GomiYūki Itō 13 de xullo de 2019
Galicia 5 de novembro de 2024

Tanjiro, Inosuke e Zenitsu chegan ó monte Natagumo, onde vive unha horda de arañas. 

16 "Que outros avancen"
«Jibun Dewanai Dareka wo Mae e» (en xaponés: 自分ではない誰かを前へ)
Ken TakahashiHaruo Sotozaki 20 de xullo de 2019
Galicia 12 de novembro de 2024

Tanjiro e Inosuke atopan no monte un grupo de matademos que actúan baixo o control dun demo. 

17 "Ten algo que perfeccionar"
«Hitotsu no Koto Kiwamenuke» (en xaponés: 一つのこと極め抜け)
Shūji Miyahara e Takuya NonakaHaruo Sotozaki 27 de xullo de 2019
Galicia 12 de novembro de 2024

Tanjiro descobre que un demo podería ser a clave para que Nezuko volva ser humana. 

18 "Vínculos falsos"
«Nisemono no Kizuna» (en xaponés: 偽物の絆)
Akihiko UdaYoshiaki Kawajiri 3 de agosto de 2019
Galicia 12 de novembro de 2024

Tanjiro é testemuña de como Rui, un demo araña, maltrata a súa irmá. 

19 "O deus do lume"
«Hinokami» (en xaponés: ヒノカミ)
Toshiyuki ShiraiToshiyuki Shirai 10 de agosto de 2019
Galicia 12 de novembro de 2024

Giyu Tomioka chega ao monte Natagumo e salva a Inosuke. 

20 "Unha familia postiza"
«Yose Atsume no Kazoku» (en xaponés: 寄せ集めの家族)
Takashi SuharaTakashi Suhara 17 de agosto de 2019
Galicia 12 de novembro de 2024

Shinobu, un matademos, lembra a historia da familia de demos dese monte. 

21 "Infracción contra o corpo"
«Tairitsu Ihan» (en xaponés: 隊律違反)
Takuya NonakaTakuya Nonaka e Toshiyuki Shirai 24 de agosto de 2019
Galicia 12 de novembro de 2024

Rui lembra como se converteu en demo e anhela aínda máis ese vínculo familiar forte que non ten. 

22 "O patrón"
«Oyakata-sama» (en xaponés: お館様)
Yūki ItōTakashi Suhara 31 de agosto de 2019
Galicia 19 de novembro de 2024

A Tanjiro sométeno a xuízo ante os piares do corpo de matademos. 

23 "A reunión dos piares"
«Chūgō Kaigi» (en xaponés: 柱合会議)
Ken TakahashiTakashi Suhara 7 de setembro de 2019
Galicia 19 de novembro de 2024

No xuízo, o piar Sanemi tenta co seu sangue a Nezuko para demostrar que non se poden fiar dela. 

24 "Rehabilitación"
«Kinō Kaifuku Kunren» (en xaponés: 機能回復訓練)
Shūji Miyahara e Akihiko UdaAkihiko Uda e Haruo Sotozaki 14 de setembro de 2019
Galicia 19 de novembro de 2024

Tanjiro, Inosuke e Zenitsu reciben tratamento na Quinta das Bolboretas. 

25 "Kanao Tsuyuri, a sucesora"
«Tsuguko Kanao Tsuyuri» (en xaponés: 継ぐ子 栗花落カナヲ)
Shin'ya ShimomuraShin'ya Shimomura 21 de setembro de 2019
Galicia 19 de novembro de 2024

Tanjiro adéstrase para conseguir manter a respiración de concentración total de forma continua. 

26 "Unha misión nova"
«Aratanaru Nimmu» (en xaponés: 新たなる任務)
Haruo Sotozaki e Yuichi TeraoHaruo Sotozaki e Yuichi Terao 28 de setembro de 2019
Galicia 19 de novembro de 2024

Muzan Kibutsuji reúne os demos de menos categoría e dálle unha encomenda ao único supervivente. 

  1. Bae, John (19 de febreiro de 2016). "VIZ Blog / Nihongo Lesson 02/19/16". Viz Media. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2019. 
  2. "programación TVG | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2024-10-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]